Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone moderniza a empresa galega de recambios automobilísticos Grupo Recalvi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone moderniza a empresa galega de recambios automobilísticos Grupo Recalvi

S. P.
Publicado: 06/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_recalvi.jpgA empresa galega Grupo Recalvi, centrada no sector dos recambios de automóbiles dende 1984, no seu afán de modernizarse ven de aliarse coa operadora de telefonía Vodafone. Con este obxectivo Recalvi confiou a Vodafone a realización dun proxecto tecnolóxico na súa sede principal de Vigo.
O proxecto posto en marcha en Recalvi contou co apoio de Fractalia, e incluíu diferentes accións: instalación dun videowall, creación dun showroom con diferentes ambientes onde se exporán varios vehículos, artigos e pezas de Fórmula 1, Rally e MotoGP (obxectos de incalculable valor que Chema Rodríguez, CEO do Grupo Recalvi, recompilou durante máis de 10 anos ao redor de todo o mundo). Asemade, tamén se desenvolveu unha innovadora sala de vídeo inmersiva para proxectar imaxes, facer reunións interactivas e presentar distintos eventos e patrocinios. Por último, creouse unha aula formativa de Seguridade Viaria para colexios, onde os máis pequenos terán a oportunidade de aprender todo o relacionado coa seguridade nas rúas.
Na contorna do showroom tivo lugar, esta mañá do xoves 6 de xuño, un evento organizado por Vodafone Business e Ericsson para explicar todo o que as Redes Privadas 5G poden facer polas empresas. O evento contou coa participación de expertos, que explicaron aos asistentes como estas redes son o soporte sobre o que construír o desenvolvemento tecnolóxico de empresas e Administracións Públicas, e como están a impulsar o desenvolvemento de tecnoloxías como IoT, Edge Computing ou Intelixencia Artificial. O acto finalizou cunha visita privada ao showroom de Recalvi, en primicia para os asistentes xa que aínda non se atopa aberto ao público.
Fran Vallejo, director de produtos e solucións para empresas de Vodafone, subliñou que “as redes privadas 5G terán unha repercusión decisiva en diversos sectores con gran potencial de dixitalización, e favorecerán o desenvolvemento doutras patentes tecnolóxicas como a análise da información masiva (Big Data), a IA ou a Internet das Cousas (IoT).”.
Pola súa banda, Anselmo Carrascosa, director de Negocio de Vodafone en Ericsson, comentou: “As redes 5G privadas achegan características diferenciais de cobertura, capacidade, velocidade e baixa latencia que posibilitan o desenvolvemento de novas aplicacións e casos de uso no eido empresarial. Estas redes impulsan a produtividade, a seguridade nas operacións, a eficiencia nos procesos, e a sustentabilidade, estimulando un desenvolvemento e dixitalización do tecido empresarial sen precedentes. Estamos moi felices de poder contribuír, como parte desta colaboración con Vodafone, ao desenvolvemento do negocio de Redes Privadas 5G”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?