Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Zeltia Lado enxalza a formación avanzada que ofrece o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Zeltia Lado enxalza a formación avanzada que ofrece o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

S. P.
Publicado: 06/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

zeltia_lado_cntg_galicia.jpgA directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou na tarde deste 6 de xuño a sede do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), onde comprobou de primeira man o resultado das accións formativas que están a servir para captar e reter talento no sector TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) da nosa Comunidade. Segundo dixo, no presente curso 2023/2024 están programadas máis de 200 accións arredor das temáticas máis demandadas como por exemplo ciberseguridade, servizos na nube ou Intelixencia Artificial. Do dito número de cursos, xa se teñen realizado máis de 160 no CNTG, emprazado no barrio de Conxo de Santiago.
A directora xeral departiu con profesorado e alumnado dos cursos presenciais que se estaban a desenvolver no centro nese momento. En concreto, na actualidade impártense nove cursos, catro en modalidade presencial (sobre desenvolvemento na nube, administración de sistemas Linux e ciberseguridade), catro en modalidade virtual (sobre desenvolvemento web, desenvolvemento de aplicacións móbiles, deseño de sistemas na nube e ferramentas de desenvolvemento e administración de sistemas) e un en modalidade de teleformación (sobre administración avanzada de sistemas).
Así mesmo, Zeltia Lado asistiu a un dos relatorios do seminario Dixitalización e competitividade: casos e aplicación para mellorar a eficiencia nas pemes, a cargo do experto en innovación Alfons Cornellá. Esta sesión forma parte das actividades destinadas a dar a coñecer as oportunidades que aporta a tecnoloxía para a mellora da competitividade das empresas.
Programa formativo
Entre setembro de 2023 e decembro de 2024, o CNTG ten programados 115 cursos (50 en modalidade presencial, 48 en modalidade virtual, 9 en modalidade de teleformación e 8 en modalidade híbrida) cunha oferta de 2.308 prazas e 5.877 horas de formación. Tamén 102 seminarios técnicos. Este programa está destinado tanto a persoas traballadoras do sector TIC galego como a persoas desempregadas interesadas en incorporarse a el.
No presente mes, ademais dos cursos en desenvolvemento, están previstos 12 seminarios técnicos sobre temáticas como a introdución á nube para desenvolvedores de aplicacións ou administradores de sistemas, tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain), Intelixencia Artificial, métricas no desenvolvemento de aplicacións, dixitalización e competitividade para pemes, técnicas avanzadas de desenvolvemento e posta en funcionamento de ditas aplicacións, etc.
Ata agora, lévanse celebrado 90 cursos con 1.830 prazas ofertadas, para as que se presentaron 6.248 solicitudes. Adicionalmente, desenvolvéronse 74 seminarios, nos que se inscribiron 2.524 persoas interesadas.
Atendendo á situación laboral das persoas formadas, un 67,32% son empregadas do sector privado, case un 19% desempregadas, un 10% traballadoras do sector público e un 3,71% traballadoras por conta propia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?