Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense pon o foco no impacto da IA na protección dos dereitos humanos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense pon o foco no impacto da IA na protección dos dereitos humanos

S. P.
Publicado: 07/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ourense_campus_xorandas_ia.jpgA Facultade de Dereito do Campus de Ourense acolle ata este venres 7 de xuño un curso no que especialistas dos eidos xurídico e tecnolóxico dialogan sobre o impacto que nos dereitos humanos ten e vai a ter o desenvolvemento da Intelixencia Artificial. Nel abórdase temas diversos que abranguen desde a protección de menores á discriminación algorítmica. A actividade leva por título Os dereitos fundamentais ante a Intelixencia Artificial: cuestións técnicas, éticas e xurídicas.
Constitúe a décima edición do Curso sobre dereitos humanos, sociedade e tecnoloxías da información, organizado desde a Facultade de Dereito e a Escola Superior de Enxeñaría Informática polas profesoras de Filosofía do Dereito Susana Álvarez e Ana Garriga.
Na súa inauguración, Susana Álvarez, tamén decana da Facultade de Dereito, salientou que “nun momento histórico no que a tecnoloxía avanza a pasos axigantados”, a intersección entre os campos do dereito e da IA “sen dúbida ofrece numerosos desafíos e tamén oportunidades”, apostando por abordalos “con responsabilidade e desde o rigor académico” co obxectivo de garantir os dereitos fundamentais das persoas. Do mesmo xeito, Ana Garriga sinalou que a IA supón grandes vantaxes para o desenvolvemento en todo tipo de ámbitos pero ao mesmo tempo tamén “retos éticos e problemas xa documentados para os dereitos humanos”. Porén, afirmou, “non é un problema novo, existe desde que existe o tratamento automatizado de datos persoais. É unha fase máis na evolución tecnolóxica”.
uvigo_ia2.jpgPola súa banda, Rosario García, directora do Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, destacou na presentación do curso que “non pode ir o avance tecnolóxico por un lado e o dereito por outro” e apostou por “unha ollada plural” para abordar os retos que supón a IA e o cambio de paradigma que está traendo a todo tipo de ámbitos.
Por último, Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do Campus de Ourense, coincidiu en subliñar que “son numerosos os desafíos, que xa non son futuros senón presentes, que deben ser abordados para garantir que o desenvolvemento e o uso desta tecnoloxía estean aliñados cos principios éticos e legais fundamentais”.
Trala inauguración arrancou un programa que conta cunha ampla participación de profesorado da Universidade de Vigo, encabezada por Susana Álvarez e Ana Garriga e estando tamén Pedro Cuesta, Leandro Rodríguez e Daniel González. Completa o programa Mónica Areas, da Universidad de Alcalá, e Migle Laukyte, da Pompeu Fabra e do European Group on Ethics in Science and New Technologies. As sesións arrancaron cunha conferencia titulada Intelixencia artificial e sociedade: unha mirada particular aos menores. Nela o profesor da Escola Superior de Enxeñaría Informática Pedro Cuesta ofreceu unha panorámica das ferramentas de Intelixencia Artificial máis empregadas na actualidade, achegándose ao seu uso e interacción con elas e centrándose no eido académico. “Estas ferramentas estanse xeneralizando o iso supón novos desafíos de cara á docencia e á avaliación. Cada vez as usan máis os estudantes e ao final os docentes temos que propoñemos novas metodoloxías que as integren. Non podemos negar a súa existencia e uso, debemos pensar en como integralas no noso modelo docente”, afirmou o relator.
O curso enmárcase no proxecto Datatransco A conciliación do dereito á protección de datos co cumprimento polos poderes públicos do deber de transparencia e de loita contra a corrupción. Trátase dun proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades a través da convocatoria de xeración de coñecemento 2021 no que participan membros das universidades de Vigo, Jaume I, Alcalá, Miguel Hernández, Oberta e Pablo de Olavide, completando o equipo de traballo especialistas de universidades de Bélxica, Italia e Francia. Igualmente, o curso realízase vinculado ao programa de doutoramento Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica da UVigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?