Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Xove da Almáciga de Santiago acolle un Demoday de cooperativas e mercadotecnia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Xove da Almáciga de Santiago acolle un Demoday de cooperativas e mercadotecnia dixital

S. P.
Publicado: 07/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_1717754942moira_ganadoras_2023_con_eva_curto__eoi__.jpgO Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga de Santiago acolle o vindero xoves o acto de presentación de proxectos participantes na formación Márketing Dixital e Cooperativismo. O programa formativo, impulsado pola Fundación Paideia coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica de Compostela, desenvolveuse entre febreiro e xuño coa participación de mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego.
O Demoday servirá de marco para a entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector da mercadotecnia en liña. A través deste certame, organizado pola Deputación da Coruña e a Fundación Paideia Galiza, outorgarase un premio de ata 60.000 euros para financiar a posta en marcha e o primeiro ano de actividade do proxecto gañador. Á convocatoria podían optar os equipos formados polo alumnado da formación en Márketing Dixital e Cooperativismo.
O evento de presentación de proxectos do vindeiro 13 de xuño, contará coa participación da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas; así como de Rosa Ana García, deputada de Emprego da Deputación da Coruña ; Eva Curto Izquierdo, en representación da Fundación EOI; Natalia Ponte, Socia da cooperativa Moira, premiada na edición anterior; e Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia Galiza.
O acto estará presentado pola xornalista Alba Mancebo e contará coa actuación de Abril, un dúo formado por Claudia Abril (voz e percusión) e Marina Carpente (violín y voz), un proxecto musical participante na aceleradora Sonemerxente da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia, no que se mesturan músicas de raíz galega e ibérica con outros xéneros, o que aporta ás melodías tradicionais un aire fresco, adaptándoas a sonoridades actuais.
O evento celebrarase aberto ao público e para asistir é necesaria a inscrición previa a través do formulario na páxina web da Fundación Paideia Galiza.
Fomentando o cooperativismo como modelo de emprendemento
marketing_dixital_cooperativismo_santiago.jpg A Fundación EOI – Escuela de Organización Industrial (entidade dependente do Ministerio de Industria e Turismo), a Fundación Paideia Galiza e a Asociación Deloa, levan desenvolvendo nos últimos anos accións dirixidas ao fomento do cooperativismo como modelo de emprendemento solvente. Tras as edicións de 2022 e 2023, nas que resultaron premiadas as cooperativas Kracia e Moira, realizouse unha terceira edición do programa Marketing Dixital e Cooperativismo na Coruña e Santiago de Compostela, co financiamento do Fondo Social Europeo.
O obxectivo do programa é mellorar a empregabilidade da mocidade galega creando oportunidades a través de modelos de traballo cooperativo nun sector en continuo crecemento como o da mercadotecnia en liña.
A esta iniciativa súmase o apoio do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña, que colabora coa Fundación Paideia Galiza na dotación do premio de 60.000 € ao mellor proxecto cooperativista.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?