Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As pemes poderán solicitar a axuda Kit Consulting para a contratación de asesoramento dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As pemes poderán solicitar a axuda Kit Consulting para a contratación de asesoramento dixital

S. P.
Publicado: 11/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

kit_consulting.jpgA axuda de Kit Consulting, inserida no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a axenda España Dixital e o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025, poderase solicitar a partir do vindeiro 18 de xuño. Estas axudas están encamiñadas á contratación de servizos de asesoramento dixital dirixido a pequenas e medianas empresas de entre 10 e menos de 250 empregados.
Red.es (entidade adscrita ao Ministerio para la Transformación Digital y da Función Pública a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial) publicará a convocatoria e estará dispoñible a través da web habilitada.
O programa Kit Consulting é un compromiso do cuarto pago deste Plan e conta cun orzamento de 300 millóns de euros financiados pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU. Na convocatoria detallaranse os requisitos para solicitar as axudas, as obrigas que contraen os beneficiarios, os importes máximos de axuda por cada categoría de solucións de asesoramento, a xustificación, o pago e control da implantación das solucións, etc. A dita convocatoria conta cun orzamento inicial de 150 millóns de euros ampliables e ten por finalidade achegar un servizo de asesoramento dixital para que as pemes poidan dar un paso máis na súa transformación dixital.
A axuda en cuestión terá forma de Bono de Asesoramento Dixital que as pemes deberán empregar na contratación dun ou varios servizos de asesoramento dos que se compón o Programa. Na convocatoria establécense tres segmentos de empresas segundo o seu tamaño e a contía da axuda para cada unha delas: empresas de entre 10 e menos de 50 empregados o bono será de 12.000 euros; segmento de empresas de entre 50 e menos de 100 empregados a contía será de 18.000 euros e para as empresas de entre 100 e menos de 250 empregados, a axuda será de 24.000 euros. As pemes beneficiarias deberán destinar o bono de asesoramento dixital de Kit Consulting á contratación dun ou varios servizos de asesoramento dun catálogo composto por 10 categorías de servizos de asesoramento en áreas de transformación dixital: asesoramento en IA, en análise de datos (básico e avanzado), en vendas dixitais, en procesos de negocio ou procesos de produción, en estratexia e rendemento de negocio, en ciberseguridade (básico, avanzado e preparación para a certificación) e asesoramento 360 en transformación dixital. A contía máxima subvencionable para cada servizo é de 6.000 euros e establécese un mínimo de 100 horas de traballo por cada Acordo de Prestación de Servizo de Asesoramento formalizado.
Será a partir do 18 de xuño ás 11 horas cando as pequenas e medianas empresas poidan solicitar a axuda de Kit Consulting a través da sede electrónica de Red.es ou a través dun formulario automatizado que tamén será accesible desde a plataforma Acelera Peme. O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 31 de decembro de 2024 ás 11 horas. Red.es determinará o segmento ao que corresponde a solicitude tendo en conta os datos do número de traballadores existentes no Réxime Xeral da Seguridade Social e no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou valéndose de calquera outro medio válido en Dereito.
As empresas interesadas en participar poden acceder a toda a información na web, no teléfono 900 223 322 e no correo electrónico info@kitconsulting.es. Os Asesores Dixitais contarán tamén cun servizo de atención ao Asesor Dixital no teléfono 900 903 595 e no correo electrónico infoasesordigital@acelerapyme..
Para consultar as bases do programa Kit Consulting cómpre visitar a publicación do BOE do 11 de maio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?