Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS acada a máis alta cualificación na avaliación de centros de investigación do SUG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS acada a máis alta cualificación na avaliación de centros de investigación do SUG

S. P.
Publicado: 11/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

citius_a_avaliacion_sug.jpgO CiTIUS, Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC, está estes días de celebración. Segundo informaron fontes do centro compostelán, na recente avaliación de centros de investigación do Sistema Universitario Galego (SUG) a Comisión Científica externa da Xunta de Galicia, formada por expertos de máximo prestixio neste eido, puntuou a progresión do centro nos últimos anos coa máis alta cualificación: unha “A”.
Dúas cátedras universidade-empresa (IA en Medicina Personalizada de Precisión e Deseño Microelectrónico); dous premios ao centro polo seu impacto e relevancia social (Premio SERenidade, Cadena SER, e Premio Especial CPEIG, Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia); e a responsabilidade e o privilexio de organizar o encontro científico máis importante de Europa no ámbito da Intelixencia Artificial (ECAI 2024), son só algúns dos éxitos máis recentes do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC).
A eles únese un agora un novo que o centro da USC cualifica de “recoñecemento excepcional importancia”. Trátase de ter conseguido a máxima cualificación posible trala recente avaliación de calidade do centro, realizada por unha comisión de expertos designada pola Xunta de Galicia dentro da súa política de centros singulares de investigación do Sistema Universitario Galego. “Para entendermos, é como recibir un sobresaínte”, aclara Senén Barro, director científico do CiTIUS, engadindo en que “isto ten unha enorme relevancia, dado o rigor co que somos avaliados e a súa repercusión no financiamento do centro”.
Barro tamén salienta que “con este resultado o CiTIUS sitúase na elite dos centros de investigación”, e faino xunto con outros tres centros da USC: IGFAE, CiQUS e CiMUS. Tamén destaca o feito que a Universidade de Santiago “resultou ser a única universidade galega que logrou unha A para os seus centros de investigación”.
Barro ve nesta nova cualificación un estímulo para seguir medrando: “Estamos seguros de que non só reforza o noso papel como referente da investigación en Intelixencia Artificial de Galicia, senón que tamén nos revaloriza dentro do sistema de investigación español e europeo”.
A avaliación externa ao CiTIUS asegura que o centro “demostrou un desempeño sobresaliente” na súa actividade e sinala, ademais, que “non só destaca pola súa solidez e balance entre visión e execución, senón tamén por unha estrutura organizativa e estándares de calidade, que o sitúan á vangarda no seu ámbito”.
Máis especificamente, o equipo avaliador alude á propia organización do centro, sinalando que “en termos de organización e goberno, o CiTIUS caracterízase por unha estratexia dirixida cara ás Tecnoloxías Intelixentes, priorizando a excelencia e a calidade sobre a cantidad”. Isto, xunto cunha estrutura que promove unha xestión do talento eficaz e decisións áxiles, configura ao CiTIUS como “un centro ben organizado, cun claro enfoque cara a estándares de calidade elevados”, saliéntase.
No que respecta á dimensión da calidade da investigación, as persoas responsables do informe enxalzan “as súas contribucións científicas de alto impacto” e a capacidade do centro para “atraer proxectos de investigación de relevancia”.
Tamén se deteñen na relevancia social do CiTIUS, valorando de forma moi positiva “a súa relación e esforzos co grao de IA, cuxos resultados mostran un enorme potencial como panca de cambio neste contexto”. Seguindo este fío, o informe destaca tamén “a implementación de políticas éticas sólidas en Intelixencia Artificial, e a expansión do impacto social e comunicativo do centro a nivel global”, animándoo a continuar traballando na mesma liña.
O informe de avaliación conclúe que é relevante destacar que “o CiTIUS é un centro cuxo crecemento é altamente desexado e anticipado”. Así mesmo, sinala tamén “a ambición do centro por consolidarse non só como un referente nacional en IA, senón tamén de proxectarse como un centro de referencia internacional”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?