Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José González destaca a innovación como elemento clave no fomento do emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José González destaca a innovación como elemento clave no fomento do emprego

S. P.
Publicado: 11/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240611__conselleiro_emprego_foro_sabadell__x-1.jpgEste 11 de xuño clausurouse en Santiago o Foro Sabadell Profesional, organizado por Banco Sabadell co obxectivo de fomentar o diálogo, recoller ideas de colaboración e analizar as necesidades financeiras dos colexios profesionais no momento actual. O acto contou coa presenza do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, quen enxalzou a contribución dos colexios profesionais á formación e ao emprego de calidade e o seu papel como axentes fundamentais no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
González tamén destacou o apoio do Goberno galego a estas entidades en materia de formación para o emprego e fixo fincapé “na aposta da Xunta neste eido a través do Plan Galego de Formación para o Emprego 2024, dotado cun orzamento de máis de 117 millóns de euros”.
Ademais defendeu a importancia da colaboración entre as administracións e os colexios profesionais neste ámbito na procura do progreso e do crecemento para Galicia: “A nosa é unha comunidade que evoluciona, tal e como reflicten os datos de paro do mes de maio, por baixo das 123.000 persoas”.
Para seguir afrontando desafíos como o das arredor de 15.000 vacantes laborais existentes en Galicia, González apelou “a seguir traballando da man da innovación como aliada”. Froito disto, dixo, é a ferramenta tecnolóxica EMi, que conecta oferta e demanda en tempo real con Intelixencia Artificial e que está dispoñible en todas as oficinas de emprego galegas. “Esta medida é pioneira no país e consiste nun software que permite un mellor perfilado competencial que contribúe a aumentar a empregabilidade e a detectar as contornas con máis oportunidades para cada perfil profesional”, destacou. O conselleiro tamén salientou o papel do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia para captar e reter talento no sector TIC da comunidade. “A través do CNTG”, sinalou, “hai programadas para este curso máis de 200 accións sobre as temáticas máis demandadas, como a ciberseguridade, os servizos na nube e a Intelixencia Artificial. Delas poden beneficiarse, tanto a persoas traballadoras do sector TIC galego, como a persoas desempregadas interesadas en incorporarse a el”.
Outra mostra desta aposta á que se referiu José González é a lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial na que traballa a Xunta e que, segundo dixo, converterá a nosa terra “na primeira comunidade en ter unha lei propia que regule esta cuestión”. Deste xeito, puntualizou, desde o Goberno galego “buscamos aproveitar ao máximo os beneficios da tecnoloxía para impulsar a competitividade das empresas e camiñar ao ritmo que nos marca a actualidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?