Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC clausura cunha feira científica a 4ª edición de Talentos Inclusivos, este venres no Ágora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC clausura cunha feira científica a 4ª edición de Talentos Inclusivos, este venres no Ágora

S. P.
Publicado: 12/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

talentos_inclusivos_citic-2.jpgO Centro Sociocultural Ágora da Coruña vai acoller este venres 14, en horario de 11.00 a 14.30 horas, o acto de clausura da cuarta edición do proxecto Talentos Inclusivos. Terá formato de feira científica aberta a toda a sociedade. Exporanse os proxectos desenvolvidos polos 15 centros educativos participantes de toda Galicia.
Alumnado e profesorado dos institutos e usuarios de ASPACE Coruña e Amencer-ASPACE compartirán unha xornada de retos TIC no Centro Sociocultural Ágora co conxunto da poboación que queira achegarse a probar as solucións tecnolóxicas e coñecer de preto o potencial do proxecto Talentos Inclusivos.
Entre os proxectos desenvolvidos poderanse ver, entre outros, modelos de soportes de impresión 3D para o guiador da bici, unha cámara de fotos accesible, timbres sen aramios, pechaduras electrónicas, unha mesa para arteterapia e rehabilitación, adaptadores de xogos como o Simón di ou un ventilador holográfico.
Durante a celebración da feira celebrarase ademais unha xincana na que cada alumno ou alumna participante terá que responder preguntas sobre cada expositor. Entre os participantes con máis respostas correctas realizarase un sorteo. O primeiro premio será un dron e, o segundo, uns auriculares sen fíos.
Talentos Inclusivos, Solucións TIC a problemas cotiáns de persoas con parálise cerebral
Trátase dun proxecto colaborativo posto en marcha polo CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da Universidade da Coruña e ASPACE Coruña (Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral), co apoio do Consello Social da Universidade da Coruña, o Concello da Coruña, a FECYT (Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O proxecto ten o dobre obxectivo de fomentar as vocacións TIC entre estudantes de secundaria,bacharelato e Formación Profesional e, á súa vez, dar visibilidade á discapacidade. Para iso, creáronse grupos de traballo colaborativos formados por usuarios e usuarias de ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE e APAMP e estudantes de centros educativos de toda a comunidade, apoiados polo seu profesorado e persoal investigador do CITIC. Así, os usuarios e usuarias de ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE e APAMP propoñen diferentes retos tecnolóxicos para ser solucionados por parte do alumnado.
Programa de actividades
– 11:00 – 11:20 h – Benvida e atención aos medios no vestíbulo do Centro Ágora
Intervencións:
Manuel González Penedo, director do CITIC da UDC
Carmen Barreiro Santos, presidenta de ASPACE Coruña
Jesús Spósito, secretario do Consello Social da UDC
Jerónimo Puertas, vicerreitor de Investigación e Transferencia da UDC
Judith Fernández Novoa, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia
Nereida Canosa Domínguez, concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas do Concello da Coruña
Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia
– 11:20 – 12:20h – Visita guiada polos expositores (15) dos centros participantes no proxecto
Entrega de diplomas e recoñecementos por parte das autoridades
– 12:20 – 13:00 h – Visita libre pola exposición dos proxectos
– 13:35 h– sorteo do premio ao gañador da xincana
– 14:30 h – Hora estimada de finalización

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?