Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ciclo de conferencias da RAGC remata en clave aeroespacial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ciclo de conferencias da RAGC remata en clave aeroespacial

S. P.
Publicado: 12/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O enxeñeiro galego Alejandro Cardesín
O enxeñeiro galego Alejandro Cardesín
Mañá, xoves 13 de xuño, celebrarase a derradeira xornada dentro do ciclo de conferencias organizadas pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación da Coruña titulado Fronteiras, dende a orixe do universo ata a exploración espacial. As charlas desenvolveranse das 17 ás 20:30 horas, e tamén poden seguirse en directo a través da canle de Youtube da RAGC.
Indo á xornada de peche deste xoves, levarase a cabo na Casa das Ciencias da Coruña e centrarase na exploración e observación espacial. A este encontro asistirán: a concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas do Concello da Coruña, Nereida Canosa; e do director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez; xunto ás coordinadoras do ciclo: a catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade da Coruña Minia Manteiga, académica e secretaria da RAGC; e a catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo Ana Ulla.
A sesión comezará coa intervención do enxeñeiro aeroespacial galego Alejandro Cardesín, con 20 anos de experiencia en misións planetarias da Axencia Espacial Europea como científico do Centro Europeo de Astronomía Espacial en Madrid. Experto na exploración de Marte, é responsable de operacións científicas da misión Mars Express, membro dos grupos de traballo científico da NASA e presidente do Nodo Ibérico da Sociedade Europlanet. Indica que as ciencias planetarias en España e Portugal inclúen máis de 400 científicos e enxeñeiros traballando na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico para a exploración planetaria.
almudena_alonso.jpgDe seguido intervirá Almudena Alonso, científica do Centro de Astrobiología do CSIC e investigadora do Consorcio Europeo de MIRI, un dos instrumentos do telescopio espacial James Webb. Traballou nas universidades de Oxford, Hertfordshire e Arizona. O seu ámbito de investigación é a evolución de galaxias, centrándose nos procesos que dan lugar á formación de novas estrelas e ao crecemento dos buratos negros supermasivos.
Na súa intervención explicará os descubrimentos realizados grazas ao telescopio espacial James Webb, o observatorio astronómico de maior tamaño enviado ao espazo en decembro de 2021.
ricardo_hueso.jpgDespois será a quenda de Ricardo Hueso, catedrático de Física Aplicada da Universidad del País Vasco e membro do seu Grupo de Ciencias Planetarias. Investiga fenómenos que acontecen nas diferentes atmosferas de planetas como Venus, Marte, Xúpiter ou Neptuno. Durante a súa carreira foi membro dos equipos de investigación de múltiples misións espaciais tanto da Axencia Espacial Europea (ESA) como da NASA. Abordará a exploración dos xigantes gasosos e as súas lúas xeadas.
Nesta liña, explica que Xúpiter e Saturno están formados principalmente por hidróxeno e helio e as súas atmosferas están cubertas por nubes exóticas cunha complexa meteoroloxía.
Como peche da xornada os asistentes poderán manter un debate cos expertos que participan neste encontro. E para rematar, realizarase unha sesión no planetario da Casa das Ciencias.
Pódese participar de balde nesta conferencia, de xeito presencial ou en liña, previa inscrición na web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?