Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Stellantis lidera un proxecto galego que senta as bases do vehículo do futuro: Facendo Plus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Stellantis lidera un proxecto galego que senta as bases do vehículo do futuro: Facendo Plus

S. P.
Publicado: 12/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_facendo_plus.jpgEste martes 11 presentouse en Vigo Facendo Plus, un proxecto colaborativo de investigación e desenvolvemento experimental que contará cun investimento total de 19,5 millóns de euros dirixidos a impulsar a competitividade industrial de Galicia no sector do automóbil. Está liderado por Stellantis e conta coa participación da Universidade de Vigo, dos centros tecnolóxicos CTAG, Aimen, EnergyLab e Gradiant, xunto con varias empresas.
Organizado en torno a catro liñas de traballo: fábrica do futuro, vehículo do futuro, conectividade e sostenibilidade, Facendo Plus dá continuidade aos proxectos Factoría 4.0 e Facendo 4.0, nos que tamén participou activamente a institución académica viguesa e que desde 2016 materializaron un investimento próximo aos 170 millóns de euros, financiamento que se traduciu, entre outros froitos, no rexistro de preto de medio cento de patentes.
A presentación celebrouse na factoría viguesa do consorcio automobilístico e nela interviñeron o novo director de Stellantis Vigo, José Luis Alonso Mosquera; o reitor da UVigo, Manuel Reigosa; a conselleira de Economía e Industria, Mª Jesús Lorenzana; o director xeral do CTAG, Luis Moreno, e o xefe técnico do proxecto, Juan José Areal.
Tal e como se explicou na presentación, Facendo Plus (Competitividade Industrial e Electromobilidade a través da Innovación e a Transformación Dixital Plus) ten como principal obxectivo avanzar na competitividade industrial, xerar innovación tecnolóxica e impulsar a cadea de valor no sector de automoción de Galicia, involucrando a centros de coñecemento, Universidade de Vigo e as pemes Unimate, SFC Solutions, Probotec e Merasys.
No ámbito da Fábrica do Futuro preténdese xerar novo coñecemento sobre procesos produtivos, flexibles, coa mínima pegada de carbono, para a fabricación de vehículos eléctricos.
En relación co Vehículo do Futuro estudaranse novos sistemas e interfaces conectadas e intelixentes que permitan o desenvolvemento de innovadores produtos e dispositivos para as futuras gamas de vehículos eléctricos e conectados.
En materia de Conectividade e Infraestrutura IT investigaranse e avaliaranse as tecnoloxías asociadas á conectividade, o IoT (Internet das Cousas) e a computación na nube (cloud) para mellorar as prestacións (dispoñibilidade, seguridade, automatización, axilidade) e a competitividade da infraestrutura IT que achega servizo aos procesos e produtos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?