Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As XVII Xornadas Xurídicas de Sarria poñen o foco na ciberseguridade nos delitos informaicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As XVII Xornadas Xurídicas de Sarria poñen o foco na ciberseguridade nos delitos informaicos

S. P.
Publicado: 12/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

120624_inauguracion_xornadas_xuridicas_de_sarria.jpgEste mércores 12 de xuño inaugurouse a 17ª edición das Xornadas Xurídicas de Sarria, que nesta convocatoria poñen o foco na ciberseguridade nos delitos informáticos. As xornadas, dirixidas por Román García Varela, letrado da Administración de Xustiza, e Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil na UCM, celébranse ata o venres na Casa da Cultura da vila lucense.
Na inauguración participaron o alcalde da localidade, Claudio Garrido, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, a directora da UNED en Lugo, Ana Traseira, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
As xornadas, cuxo programa podemos consultar na web municipal de Sarria (en formato PDF) estase a retransmitir en streaming grazas ao servizo provincial de Audiovisuais da Deputación de Lugo, que achega 5.000 euros para o desenvolvemento do evento.
xornadas_xuridicas_de_sarria_2.jpgSegundo sinalou Rivera Capón, trátase dunha cita que “sitúa o municipio e á provincia de Lugo no centro do debate xurídico en España”. E engadiu: “Vivimos nun mundo cada vez máis dixitalizado, onde as novas tecnoloxías, como a Intelixencia Artificial, son parte esencial das nosas vidas. Esta transformación dixital trae consigo grandes oportunidades, pero tamén novos retos e ameazas”, sinalou o Deputado. Incidiu Rivera Capón que “a ciberseguridade non é só unha cuestión técnica, senón un asunto fundamental que afecta á nosa privacidade, á nosa economía e á nosa seguridade nacional”. Nese sentido, Pablo Rivera destacou a creación da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), que ten ”un papel crucial na regulación e supervisión, asegurando que o seu desenvolvemento e aplicación se realicen cos máis altos estándares de seguridade e ética”. Unha iniciativa que, segundo explicou, “pon de manifesto o compromiso do Goberno de España coa innovación tecnolóxica segura e responsable”.
As Xornadas Xurídicas de Sarria celébranse entre hoxe e o vindeiro venres, 14 de xuño, na Casa da Cultura da localidade, e pódense seguir en directo a través de YouTube grazas á retransmisión realizada polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo no marco da colaboración que a institución ten con esta cita de referencia. Un ano máis as conferencias que se imparten terán recoñecemento universitario, de maneira que o alumnado da UNED de Lugo obterá o equivalente a 10 horas lectivas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?