Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha alumna do Campus de Ferrol seleccionada para un dos premios do hackaton Reto Enseña 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha alumna do Campus de Ferrol seleccionada para un dos premios do hackaton Reto Enseña 2.0

S. P.
Publicado: 13/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

reto_oracle_udc_campus_ferrol_miriam_eimil_chao.jpgO segundo hackathon Reto Enseña 2.0, organizado por Oracle España e Nuwe, no que participaron máis de 230 estudantes de máis de 40 universidades de todo o mundo celebrará o acto de entrega de premios o 25 de xuño, a partir das 15 horas, nas oficinas centrais de Oracle España en Madrid. Cómpre salientar que a alumna galega Miriam Eimil Chao (As Pontes, 1999) do grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática participou de xeito individual neste reto baixo o nome de Purple Sector Team e en representación da Universidade da Coruña.
Esta alumna da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) opta a un dos tres premios do segundo hackathon ao que tamén asistirán os mozos e mozas que integran os equipos Cachopo Team da Universidad Europea de Madrid (UE) e The Nanos Team da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC). Ningún dos tres equipos convocados ao evento sabe que posición ocupa no Top 3 da clasificación. Ao longo da xornada, participarán nun networking con persoal experto de Oracle España e poderán probar o simulador de Fórmula 1 Oracle Redbull.
O equipo que consiga o primeiro posto recibirá unha tarxeta regalo por valor de 1.000 euros e varias sesións de mentoring con persoal experto de Oracle España. O segundo clasificado recibirá unha tarxeta regalo por valor de 600 euros e o terceiro outra pero por un importe de 400 euros. A maiores, as persoas integrantes dos equipos gañadores terán acceso gratuíto ás subscricións de aprendizaxe para estudantes de Oracle.
Predicindo os resultados das vindeiras carreiras de Fórmula 1. Entre maio e xuño, a alumna do Campus Industrial de Ferrol, Miriam Eimil Chao, ao igual que o resto de estudantes universitarios participantes no segundo Reto Enseña 2.0 que organiza Oracle en colaboración con Nuwe, tivo que afondar no mundo da Fórmula 1 botando man da Ciencia de Datos, da Aprendizaxe Automática e da Intelixencia Artificial (IA) para tentar predicir cal ía ser a mellor carreira do ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?