Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os centros comerciais abertos dispoñen de 2,25 millóns para avanzar en transformación tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os centros comerciais abertos dispoñen de 2,25 millóns para avanzar en transformación tecnolóxica

S. P.
Publicado: 13/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tendas_comercios.jpgO director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, debullou este 13 de xuño no Parlamento a folla de ruta da Xunta para fortalecer a actividade dos centros comerciais abertos das nosas vilas e cidades, co obxectivo de facelos máis competitivos, identificables, innovadores e atractivos. O proceso baséase en boa medida nun novo impulso á transformación tecnolóxica. Por exemplo cos 2,25 millóns de euros acabados de mobilizar para a innovación e dinamización dos centros.
Explicou que o labor da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración centrarase en “impulsar Centros Comercias Abertos que estean perfectamente definidos, sexan identificables e específicos dentro dos espazos urbanos, e sobre os que actúe unha única asociación de comerciantes”. Incidiu que sobre este eixo xirará a nova estratexia de comercio sobre a que está a traballar a Xunta de Galicia: “Estamos a traballar nun novo concepto para dinamizar dun xeito integral estes espazos contando con todos os axentes do territorio”, afirmou Alén, indicando, ademais, que a Axencia Turismo de Galicia xogará un papel importante porque estas áreas pretenden ser un recurso turístico máis para as vilas e cidades.
O director xeral lembrou que a Xunta xa destinou en 2023 un total de 2,25 millóns de euros para apoiar 51 centros comerciais abertos de cidades e vilas de Galicia e recordou que o pasado mes de maio convocouse a orde de axudas deste ano, dotada con outros 2,25 millóns de euros para a innovación e dinamización destes centros. “Son apoios que ademais de financiar custes do xerente e gastos de actividades tamén van dirixidos a mellorar a fidelización e a dixitalización con medidas como bonificacións para aparcar a través dos tíckets de compra o través da creación e mantemento de mercados en liña, páxinas web ou mupis e sinalización dixital, entre outros”.
Con esta iniciativa, Alén apuntou que o que se busca é crear un entorno de confianza e de interese para os consumidores. Estes apoios poden solicitarse ata o vindeiro 24 de xuño.
Remuda e Mercados Excelentes
Sobre a remuda, Alén sinalou que é “sen dúbida un dos grandes retos no sector comercial e recordou”, ao respecto, “o Bono Remuda que acaba de lanzar o Goberno galego cun orzamento de 1,5 millóns de euros para fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego”. A orde, cuxo prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 30 de outubro, enmárcase no Plan de remuda que está a funcionar ao abeiro da Rede de polos de emprendemento que ten 13 centros activos. O obxectivo é “evitar o peche de negocios por falta de remuda, ao tempo que se facilita que as persoas interesadas en emprender poidan recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente”.
O director xeral de Comercio e consumo fixo tamén fincapé en medidas de formación para mellorar a capacitación dos comerciantes cara á dixitalización, modernización e innovación e na comisión parlmentaria referiuse “á importancia que está a dar o Goberno galego aos mercados excelentes para que conserven a súa tradición con mellores estéticas, funcionais, de accesibilidade e ofrezan e dean a coñecer a calidade dos produtos agroalimentarios de Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?