Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta triplica o orzamento dos servizos de ciberseguridade para concellos, deputacións e universidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta triplica o orzamento dos servizos de ciberseguridade para concellos, deputacións e universidades

S. P.
Publicado: 14/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ciberseguridade-14-8095c.jpgA Xunta de Galicia vén de reforzar a cooperación entre administracións en materia de ciberseguridade cun novo acordo marco que garante a prestación dun catálogo de servizos especializados en seguridade da información e protección de datos a concellos, deputacións, universidades e á propia administración autonómica. Para “previr incidentes de seguridade” e “ante a necesidade das entidades públicas dun asesoramento e soporte especializado neste ámbito”, a Administración autonómica triplicará o orzamento deste acordo marco, que licitará cun orzamento de ata 29 millóns de euros.
O acordo, aprobado este xoves 13 de xuño no Consello do Goberno galego, establece a contratación, a través dun único empresario, de servizos divididos en tres lotes. O primeiro lote está dirixido á prestación de servizos de ciberseguridade, goberno e xestión da seguridade da información; o segundo lote está destinado ás revisións técnicas para a mellora da seguridade, e o terceiro, á prestación de servizos de apoio á adecuación da normativa neste ámbito, principalmente, ao Esquema Nacional de Seguridade e á normativa en materia de protección de datos persoais.
Segundo informou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), este acordo busca “maximizar o alcance duns servizos que se veñen prestando a administracións locais e provinciais desde 2021, grazas a un primeiro acordo marco que, entre outras actuacións, permitiu monitorizar máis de 5.000 direccións IP e uns 3.000 dominios; dispoñer dun servizo de vixilancia dixital que reportou un total de 1.490 fendas de seguridade desde o inicio da prestación do servizo; colaborar activamente na xestión de 6 incidentes graves, ou realizar 70 auditorías para avaliar a seguridade en deputacións e concellos”.
Ademais, a través desta colaboración coa Xunta, facilitouse a unha vintena de concellos e as catro deputacións o emprego de ferramentas do Centro Criptolóxico Nacional (CCN-CERT), como o Listado Unificado de Coordinación de Incidentes e Ameazas (LUCIA); ou o servizo Trillion, de información sobre credenciais roubadas.
Incremento dos incidentes de ciberseguridade
O CCN reportou a través de LUCIA preto de 1.500 incidentes de ciberseguridade nas administracións autonómica e locais en 2023 fronte ás 400 de ano anterior e o servizo Trillion notificou en 2023 máis de 1.500 credenciais expostas nas Administracións galegas. Os datos do CCN-CERT sinalan que soamente nos dous primeiros meses rexistráronse 25.000 incidentes no sector público en España, o que implica un aumento dun 190% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Un crecemento que xa fora moi significativo nos dous anos anteriores. En 2022, as Administracións públicas españolas rexistraron 55.000 ciberataques, e en 2023 eleváronse a 107.000.
Cooperación e coordinación
O acordo marco acabado de aprobar enmárcase na Estratexia Galega de Ciberserguridade e nas actuacións do Nodo Galego de Ciberseguridade, unha estrutura impulsada pola Xunta de Galicia a través da axencia AMTEGA na que están integradas medio centenar de entidades como o Centro Criptolóxico Nacional, o Instituto Nacional de Ciberseguridade, as deputacións a Federación Galega de Municipios e Provincias e as principais empresas da comunidade. Os principios que rexe o nodo galego de ciberseguridade, CIBER.gal, son os da colaboración e a coordinación entre entidades públicas e privadas para facer un fronte común fronte aos ciberdelitos en todos os ámbitos, incluíndo, ademais da vertente técnica e normativa, a formación e concienciación de profesionais, cidadáns e empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?