Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As pequenas empresas xa poden solicitar o bono de 3.000 euros de Kit Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As pequenas empresas xa poden solicitar o bono de 3.000 euros de Kit Dixital

S. P.
Publicado: 14/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

kit_dixital-2.jpgO Programa Kit Dixital é un programa do Goberno de España, xestionado por Red.es, que ten o obxectivo de dixitalizar a pemes e autónomos de todos os sectores produtivos en todo o territorio nacional. A convocatoria das axudas encamiñadas a esta dixitalización de pequenas empresas de entre 0 e menos de 3 empregados vén de modificarse de xeito parcial por parte de Red.es (entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial). Pódese consultar a resolución parcial da terceira convocatoria no BOE.
Esta modificación da convocatoria recolle que a contía dos bonos para este segmento de empresas será de 3.000 euros. O formulario para solicitar esta nova contía está aberto a partir de hoxe a través da sede electrónica de Red.es. O prazo para presentar as solicitudes manterase aberto ata o 31 de outubro de 2025 ás 11:00.
Na modificación detállanse os importes máximos de axuda por cada categoría de solucións de dixitalización, os prazos para consumir o bono, o modelo de declaración de conformidade, entre outros detalles da axuda. Asemade, esta resolución parcial da convocatoria incrementa o orzamento en 500 millóns de euros que unido ao orzamento inicial suman un total de 1.000 millóns de euros que teñen por finalidade a mellora da competitividade e do nivel de madurez dixital de empresas deste segmento.
Para solicitar a axuda, as empresas deberán primeiro rexistrarse na área privada de acelerapyme e completar o test de autodiagnóstico dixital, a continuación, consultar a información dispoñible das solucións de dixitalización no catálogo e finalmente, solicitar a axuda na sede electrónica de Red.es.
Para aquelas empresas do segmento III que foron beneficiarias nas axudas do Programa Kit Dixital do Segmento III por un importe de 2.000 euros, e que non se extinguiu por renuncia ou por calquera outra causa que dese lugar a iso, poderán solicitar os 1.000 euros adicionais mediante unha declaración de conformidade a través do seu expediente na Sede electrónica de Red.es.
Tanto se a entidade é nova solicitante coma se xa é beneficiaria e quere solicitar os 1.000 euros adicionais, o prazo de consumo do bono será de seis meses a contar desde a concesión.
As axudas son de concorrencia non competitiva e outorgaranse de maneira directa e por orde de chegada, unha vez realizadas as comprobacións do cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria.
As microempresas e autónomos poderán adquirir unha ou varias solucións de dixitalización das previstas no catálogo: sitio web e presenza na internet, xestión de redes sociais, comercio electrónico; a xestión de clientes; servizos e ferramentas de oficina virtual, intelixencia empresarial e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, comunicacións seguras, e ciberseguridade, presenza avanzada na internet, Marketplace e a nova solución Posto de traballo seguro. Esta solución inclúe un dispositivo hardware que debe ter integrado no produto e no prezo, unha licenza que cumpra cos requisitos establecidos para a categoría X, de Ciberseguridade, amais dun encriptado/cifrado en repouso, que asegure a privacidade dos datos e documentos almacenados no dispositivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?