Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo adxudica por máis de 1 millón de euros o material informático de Impulsa TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo adxudica por máis de 1 millón de euros o material informático de Impulsa TIC

S. P.
Publicado: 14/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pilar_garcia_porto_deputacion_de_lugo_140624_xunta_de_goberno.jpgA Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou o subministro e instalación de computadores, tabletas, escáneres ou software para mellorar os procesos administrativos e proporcionar un servizo máis áxil e eficiente para a veciñanza, ao abeiro do programa Impulsa TIC.
“Unha vez adxudicada a parte da programación, das aplicacións e do software necesario para avanzar na modernización das entidades locais, agora é a quenda de adxudicar os medios físicos e materiais deste proxecto”, detallou a voceira Socialista do Goberno, Pilar García Porto.
A institución provincial puxo en marcha este proxecto (Impulsa TIC), financiado con 4,5 millóns de euros da Unión Europea, e que se desenvolverá ata o 30 de setembro nos 52 concellos da provincia adheridos,“co obxectivo de colaborar cos concellos da provincia para avanzar na súa transformación dixital e ofrecer un mellor servizo público”.
García Porto concretou que na reunión do Goberno deste 14 de xuño quedou adxudicado o lote 1, dedicado ao subministro e instalación dos novos equipos informáticos da oficina de asistencia en materia de rexistro á empresa Micromedia SL por un importe de 224.763 euros; o lote 2, destinado a tabletas e o software para recoller a firma biométrica, á empresa Solitium SL por un importe de 91.132 euros; un terceiro lote a escáneres de mesa e o software para converter documentos en formato editable, do que tamén se encargará a empresa Solitium SL por un importe de practicamente 100.000 euros; e finalmente, un cuarto lote, para a posta en marcha de postos intelixentes para os concellos resilientes, que neste caso, queda adxudicado á empresa MicromediaSL por un importe de 603.952 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?