Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A matemática Rosa Díaz, nova Colexiada de Honra do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A matemática Rosa Díaz, nova Colexiada de Honra do CPEIG

S. P.
Publicado: 17/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cpeig_colexiada_honra_rosa_diaz.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) decidiu outorgar o Premio Colexiada de Honra á matemática e directora do Observatorio Nacional de Tecnología y Sociedad (ONTSI), Rosa Díaz Moles. A distinción será entregada no marco da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebra este venres 21 de xuño en Santiago.
“Ser galardoada con esta distinción do CPEIG é unha honra inmensa e profundamente emotiva para min. Como matemática, ver recoñecido o meu traballo no ámbito da Enxeñería Informática é moi gratificante. Agradezo sinceramente este recoñecemento que pon de manifesto que as nosas disciplinas están ligadas e que xuntos e xuntas podemos seguir innovando e mellorando a nosa sociedade”, sinalou a nova Colexiada de Honra.
Rosa Díaz conta cunha sólida experiencia no sector TIC, con máis de 20 anos de traxectoria tanto no ámbito privado como no sector público estatal. É licenciada en Ciencias Exactas pola Universidade Autónoma de Madrid e conta na súa formación, entre outros, cun programa de Dirección Xeral polo IESE.
Uniuse ao Instituto Nacional de Ciberseguridad de España (INCIBE) como subdirectora de Apoio á Empresa e I+D+i en 2019 e, posteriormente, foi nomeada directora xeral ata xuño de 2022, data na que foi nomeada directora do ONTSI en Red.es. Tamén foi vicepresidencia do Foro Nacional de Ciberseguridad desde a súa creación ata 2022 e desempeñou diferentes cargos directivos en empresas como Sage, Santander Elavon e Panda Security.
Dada a súa traxectoria profesional ligada ao papel das novas tecnoloxías na sociedade, Rosa Díaz destaca que o desenvolvemento tecnolóxico pode describirse como un fenómeno profundamente transformador, que facilita avances significativos en economía, saúde, educación e comunicación, e que mellora a eficiencia, a accesibilidade e a calidade de vida. “A tecnoloxía democratizou o acceso á información e abriu novas vías para a innovación e a creatividade”, indicou.
Subliña, porén, que estes avances tamén presentan grandes desafíos como a brecha dixital, que perpetúa as desigualdades existentes entre os e as que teñen acceso amplo a tecnoloxías dixitais e quen non ten ese acceso. Tamén preocupan a privacidade e seguridade dos datos: “A medida que acumulamos e compartimos máis información en liña, aumenta o risco para a nosa privacidade, medra a nosa exposición e a posibilidade de sufrir ataques cibernéticos. De aí a necesidade de políticas robustas e tecnoloxías de seguridade avanzadas para protexer a información sensible da nosa cidadanía, empresas e administracións públicas”.
Outro desafío que sinala Díaz é o impacto no emprego, onde a automatización e a intelixencia artificial están redefinindo os roles laborais tradicionais, creando unha necesidade “urxente” de reskilling e upskilling nas persoas traballadoras para que poidan adaptarse e non deixar a ninguén atrás. Finalmente, Rosa Díaz indica que outro reto é a ética na tecnoloxía, especialmente na Intelixencia Artificial, unha área de preocupación crecente: “Asegurar que os sistemas tecnolóxicos operen de maneira xusta e sen nesgos involucra consideracións éticas e normativas que aínda están en desenvolvemento”, apunta.
Fundadora e vicepresidenta de Woman4Cyber Spain, asociación para o impulso e visibilización do papel da muller en ciberseguridade e na diversidade de xénero no sector en España Rosa Díaz pertence a diferentes grupos que teñen como obxectivo dar visibilidade á muller en postos de liderado dentro do mundo dos sectores da tecnoloxía. É fundadora e vicepresidenta da asociación Woman4Cyber Spain, iniciativa que nace co obxecto de converterse nun referente no impulso e visibilización do papel da muller en ciberseguridade en España, así como a diversidade de xénero no sector.
Para estimular e potenciar o papel da muller no sector TIC, Rosa Díaz indica que é necesario dar respostas “globais e conxuntas”, ademais da colaboración publico-privada entre administracións públicas, entorno empresarial e ámbito académico. Tamén sinala que é fundamental o papel das familias e colexios en idades temperás: “Aínda hoxe é máis frecuente que as familias non coñezan certas profesións vinculadas ao sector da enxeñería, ao sector TIC, por tanto, animan á xente nova, especialmente ás mozas, a decantarse por estudos cuxa finalidade está máis claramente definida e divulgada”. Para ela, “a escola ten moito que facer, e xunto á familia, son un piar crave para educar en igualdade desde a nenez e ter unha sociedade máis inclusiva e sostible”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?