Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia impulsa a transformación do sector lácteo co proxecto SmarTZ4Milk
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia impulsa a transformación do sector lácteo co proxecto SmarTZ4Milk

S. P.
Publicado: 18/06/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

vaca_rubia_galega.jpgO proxecto SmarTZ4Milk deu os seus primeiros pasos na procura de transformar o sector lácteo galego cara á dixitalización, a sustentabilidade, a produción conectada e a mellora da rastrexabilidade (trazabilidade). Cun orzamento total de 16,8 millóns de euros e unha axuda concedida de 9,7 millóns de euros, o proxecto conta con financiamento do Ministerio de Industria e Turismo (MINTUR) e a Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU. A execución de SmarTZ4Milk prolongarase ata xuño de 2025.
O proxecto, liderado por Grupo Lence e promovido pola Agrupación Industrial Alimentaria de Galicia (CLUSAGA) a través da Oficina Técnica Next Generation Galicia Food, xa está en marcha coa participación activa das empresas colaboradoras. Das 11 empresas involucradas, 7 son empresas lácteas: Grupo Lence, CAPSA Food, Grupo Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN e ACOLACT), Bico de Xeado, Queizuar e Queixería Prestes. Ademais, empresas tecnolóxicas como Grupo AMSlab, ASM Soft, Plexus Tech e Sixtema achegan a súa experiencia na posta en marcha de solucións dixitais innovadoras.
O proxecto SmarTZ4Milk ten como obxectivo principal e concreto “transformar o sector lácteo minimizando o seu impacto na contorna, reducindo o desperdicio alimentario, dixitalizando ao máximo os seus procesos para optimizar as plantas e afrontando o reto de descarbonización en toda a cadea de valor, sen descoidar a importancia da calidade para que o leite continúe sendo parte fundamental dunha dieta saudable nos vindeiros anos”.
Para alcanzar este obxectivo, SmarTZ4Milk fixouse unha serie de metas específicas, tales como incentivar a investigación, o desenvolvemento e a innovación no sector lácteo, aumentar a competitividade mediante a dixitalización, automatización e sensórica de procesos, promover prácticas sostibles en todas as operacións industriais, impulsar investimentos verdes na industria láctea, e mellorar a transparencia e accesibilidade aos datos mediante a rastrexabilidade.
SmarTZ4Milk divídese en 18 proxectos primarios, cuxas temáticas se engloban nos 3 bloques que recolle a orde do PERTE: competitividade (dixitalización), sustentabilidade e trazabilidade.
Dixitalización
O proxecto SmarTZ4Milk aposta pola dixitalización do sector lácteo galego mediante a aplicación de tecnoloxías avanzadas como Intelixencia Artificial, análise da información a gran escala (Big Data), cadea de bloques (Blockchain) e sensórica avanzada. Estas tecnoloxías permitirán mellorar a eficiencia, a calidade e a rastrexabilidade na cadea de valor láctea, así como facilitar a captación de datos en tempo real. A plataforma PITSA, que utiliza Quantum IA e Blockchain, será clave neste proceso, integrando información para unha toma de decisións óptima.
Segundo informan os responsables do proxecto, “a dixitalización implicará a automatización de procesos e a sensórica avanzada, beneficiando ás empresas ao liberar tempo de tarefas manuais e aumentando a produtividade”. Tecnoloxías como a visión artificial e o xemelgo dixital buscar situar o sector lácteo “ao nivel doutras industrias avanzadas”, como a automoción. Ademais, quérese que o uso de Green Data permita optimizar o consumo de enerxía, auga e outras materias primas, mellorando o impacto ambiental e promovendo a sustentabilidade económica e ambiental.
Os resultados destes traballos de dixitalización xerarán escenarios preditivos de oferta e demanda, mellorando a xestión no sector primario e a toma de decisións industriais. A integración de datos de calidade e seguridade alimentaria asegurará a rastrexabilidade de fronte ao consumidor final. “A plataforma federada de datos permitirá benchmarking no sector, xerando clasificacións e obxectivos sectoriais para coñecer o estado do sector e crear plans de mellora”, engaden os responsables do proxecto.
Sustentabilidade
SmarTZ4Milk comprométese a reducir o impacto ambiental do sector lácteo mediante a diminución de materias primas consumidas, emisións e xeración de residuos, ademais de promover prácticas de economía circular e o uso eficiente de enerxías renovables. O proxecto busca evolucionar a industria láctea cara á economía verde e a sustentabilidade, con iniciativas orientadas á redución da pegada de carbono e a pegada hídrica. Entre os proxectos destacados atópanse a creación de bebidas vexetais de base láctea, produtos non refrixerados e a reutilización de auga de proceso. A circularidade nos procesos potenciarase ao converter subproductos en materias primas para novos produtos alimentarios. Ademais, “a integración de datos de sustentabilidade na toma de decisións permitirá optimizar o consumo de recursos e reducir os desperdicios, aliñándose cos obxectivos da PAC e contribuíndo á protección da biodiversidade”, explicaron.
Rastrexabilidade
A rastrexabilidade ou trazabilidade dos produtos lácteos en SmarTZ4Milk garantirase a través de tecnoloxías avanzadas de vixilancia e control. A plataforma PITSA, que integra recursos de cadea de bloques (blockchain) e Intelixencia Artificial, permitirá en palabras de CLUSAGA “unha rastrexabilidade ambiental e intelixente, asegurando a calidade e seguridade alimentaria desde as explotacións agrarias ata o consumidor final, o que contribuirá a incrementar a confianza do consumidor e o valor do produto”.
O rexistro de datos mediante cadea de bloques facilitará a transparencia e comunicación con administración, retallistas, provedores e consumidores, mellorando a planificación de recursos e a produción. A plataforma federada de datos permitirá conectar bases de datos públicas e privadas, optimizando a xestión de calidade, seguridade alimentaria e datos ambientais.
A coordinación de SmarTZ4Milk está a cargo da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (CLUSAGA), con Medrar Innovation Office como coordinador técnico e FI Group xestionando aspectos técnicos e económicos respectivamente. Ademais, o proxecto conta coa participación de universidades galegas como a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela, así como o Centro Tecnolóxico de Galicia (ITG), achegando coñecemento e soporte técnico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?