Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abel Losada salienta o gran impacto do Kit Dixital en Pontevedra, con máis de 9.500 bonos concedidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abel Losada salienta o gran impacto do Kit Dixital en Pontevedra, con máis de 9.500 bonos concedidos

S. P.
Publicado: 19/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

abel_losada_ceyeda_ponte_caldelas_kit_dixital.jpgO subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, adiantou este martes 18 en Ponte Caldelas que o bono do programa Kit Dixital posto en marcha polo Goberno de España con fondos europeos do Plan de Recuperación xa lles foi concedido a máis de 9.500 empresas da provincia de Pontevedra. En total, engadiu, esta cifra supón un investimento na provincia de case 40 millóns de euros destinados a implantar solucións de dixitalización nas empresas e pequenos negocios pontevedreses.
Abel Losada desprazouse a Ponte Caldelas, onde visitou a carpintaría Ceyeda, que se converteu estes últimos anos nun referente de dixitalización no seu sector. O subdelegado estivo acompañado polo alcalde, Andrés Díaz e polo xerente de Ceyeda, Ángel Villar; o administrador, Aurelio Iglesias e distintos responsables da firma, cos que visitou as instalacións e comprobou os resultados da implantación do Kit Dixital na empresa.
Grazas a este programa, Carpintería Ceyeda mellorou a súa páxina web converténdoo nun recurso máis dinámico e actualizado. No relativo á xestión de procesos, implantou o portal do empregado, unha webservice que se lle dá aos traballadores da empresa para a descarga de documentos como nóminas, anuncios, etc. Tamén puxo en marcha un software de control de entradas e saídas do persoal da empresa e activou un programa de control por xeolocalización a través dos teléfonos móbiles de presenza dos xefes de equipo nas obras onde montan os seus produtos. Finalmente, melloraron a xestión de redes sociais coa publicación de temas e noticias en Linkedin que dan a coñecer a empresa e permiten chegar a futuros clientes.
O subdelegado destacou o “excelente aproveitamento” que Ceyeda fixo do Kit Dixital e puxo á carpintaría como exemplo de innovación e adaptación aos tempos da dixitalización, mediante solucións que melloran o funcionamento interno da empresa e favorecen a súa proxección e comunicación co público e con potenciais clientes.
Ceyeda foi beneficiaria do Kit Dixital no segmento I (empresas de entre 10 e menos de 50 empregados). Todas as axudas desde segmento están xa abonadas e acordadas as do segmento 2 (empresas de entre 3 e menos de 10 empregados). Losada aproveitou para lembrar que Red.es modificou recentemente as bases reguladoras do Programa, cun cambio que inclúe novidades para o segmento III, (empresas de entre 0 e menos de 3 empregados( como a ampliación de 1.000 euros de axuda para este grupo e a incorporación dunha nova solución hardware de Posto de Traballo Seguro.
O subdelegado en Pontevedra fixo fincapé na “importante inxección económica que supoñen os fondos do Kit Dixital” e “a oportunidade histórica que ofrecen para modernizar as nosas empresas e facelas máis competitivas, grazas á aposta decidida do Goberno de Pedro Sánchez”. Así, tanto Losada como os xerentes da empresa coincidiron en asegurar que a dixitalización “é un aspecto chave na innovación empresarial e se converteu nun factor crucial para que as empresas e pequenos negocios poidan competir no mercado actual”.
Abel Losada tamén anunciou que o Ministerio de Dixitalización, a través da empresa pública Red.es vén de abrir o prazo para solicitar as axudas do Kit Consulting. Estas axudas materialízase nun Bono de Asesoramento Dixital que as pemes deberán empregar na contratación dun ou varios dos servizos de asesoramento dos que se compón o Programa. Na convocatoria establécense tres segmentos de empresas en función do seu tamaño e a contía da axuda para cada unha delas. Para o segmento de empresas de entre 10 e menos de 50 empregados o bono será de 12.000 euros, para o segmento de empresas de entre 50 e menos de 100 empregados a contía será de 18.000 euros e para as empresas de entre 100 e menos de 250 empregados, a axuda será de 24.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?