Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: APD mostrou en Santiago o destacado empuxe innovador das empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

APD mostrou en Santiago o destacado empuxe innovador das empresas galegas

S. P.
Publicado: 19/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

innovation_big_date_apd_santiago_de_compostela_3_.jpgA Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración coa Xunta de Galicia, o Círculo de Empresarios e Nordés Club Empresarial baixo o programa de Capacita Directivos; celebraron na mañá deste martes 18 de xuño a xornada Innovation Big Date, punto de encontro para directivos e profesionais arredor da innovación, reunindo a máis de 130 persoas en Santiago de Compostela, no Hotel OCA Puerta del Camino. No transcurso do encontro púxose o foco na proxección innovadora da nosa terra: unha das comunidades que máis medraron en I+D dende a crise financeira.
O encontro, presentado e dirixido pola comunicadora Elba Pedrosa; comezou coa inauguración da directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); Covadonga Toca; que remarcou o compromiso do Goberno galego coa innovación e a colaboración público-privada para dinamizar o empresariado galego.
innovation_big_date_apd_santiago_de_compostela_1_.jpgA esta inauguración seguiulle a primeira entrevista da mañá, entre Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD; e Orlando Vergara, executivo, mentor e autor do libro Ecosystems Leaders Mindset. O autor, de orixe peruana, relatou aos asistentes a influencia da súa nenez na súa forma de liderar e emprender, compartindo as súas experiencias co case centenar e medio de asistentes. O experto sinalou que “vivimos nunha contorna no que xa non estamos chamados a competir, se non a colaborar” e que “debemos cambiar a definición de éxito na nosa sociedade”.
innovation_big_date_apd_santiago_de_compostela_2_.jpg Tras esta intervención, Norberto Penedo, director da área de Competitividade do IGAPE, presentou a seguinte conversa, focalizada na innovación desde o punto de vista estratéxico; con Javier Sesma, vicepresidente de Desenvolvemento de Negocio de TK Elevator, e Iñigo Ezquerra, director de Innovación Aberta de ArcelorMittal. Os dous relatores sinalaron que a innovación “é unha ferramenta competitiva que lles permite competir con outros mercados”; e destacaron o relevante papel que xogan as persoas dentro do ecosistema innovador.
O encontro, ademais, contou cunha mesa redonda con profesionais provenientes de empresas familiares galegas de gran traxectoria, como Lucía Sánchez, xestora de proxectos de innovación de Hijos de Rivera; Pedro Arenas, director de Desenvolvemento Corporativo de CEAMSA e Karolina Iwanowicz, coordinadora de innovación de Kaleido Ideas & Logistics. Baixo a moderación de Fernando Jiménez, os relatores sinalaron que a innovación nace desde todas as áreas da empresa e que “a colaboración intersectorial é unha ferramenta crucial”. Tamén salientaron que as relacións entre axentes colaboradores deben basearse na confianza e a transparencia, identificando os pequenos “visionarios dos equipos” para que actúen de dinamizador das compañías.
innovation_big_date_apd_santiago_de_compostela_foto_familia.jpg O Innovation Big Date acubillou tamén unha mesa redonda protagonizada por empresas emerxentes que apostan pola innovación como núcleo do seu negocio. O encargado de moderala foi Pablo Grandío, director xeneral de Quincemil, e interviñeron emprendedores como Alfredo Fernández, director executivo de Ingeo; Enma Conde, directora de I+D+i e co-fundadora de Glecex, e David Fernández, CTO de Nigal. Todos eles explicaron aos asistentes as dificultades no momento de iniciar os seus proxectos e como aplican a innovación no seu día a día.
Clausurou o encontro realizouna Aleix Pons, director de Economía e Finanzas da Fundación COTEC, mostrando o seu novo #InformeCOTEC sobre a VII Enquisa sobre a percepción social da innovación en España; focalizándose nos datos obtidos de Galicia, entre os que a comunidade autónoma destaca como un dos territorios que máis valoran a innovación, xunto a Madrid e País Vasco. Ademais, Pons engadiu que “as empresas galegas son moito máis innovadoras do que cren os propios galegos”, sinalando que un 23,6% das empresas galegas clasifícanse coa dita etiqueta. Ademais, o estudo sinala que “os galegos son optimistas respecto ao uso da tecnoloxía para crear novos empregos”; pero que “non se percibe a innovación como un motor do desenvolvemento rural”.
En definitiva, o representante da Fundación COTEC sinalou que “Galicia é unha das comunidades que máis medraron en I+D dende a crise financeira”, pero que aínda hai eidos de negocio por explorar e explotar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?