Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol participa nun proxecto europeo para producir materiais maker contra o cambio climático
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol participa nun proxecto europeo para producir materiais maker contra o cambio climático

S. P.
Publicado: 19/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udc_campus_ferrol_production_of_prototypes_maker.jpgLoitar contra o cambio climático é tarefa de todas as persoas, un bo xeito de facelo é producir materiais e/ou recursos educativos seguindo o espírito do movemento Maker (o movemento argalleiro e participativo que defende a idea do usuario creador de tecnoloxía). Este é o principal obxectivo do Proxecto Europeo Erasmus+ Production of Prototypes with STEAM Content in Maker Workshops Against Climate Change, o proxecto Eco-Maker, que lidera, en representación da Universidade da Coruña (UDC), a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Elena Arce Fariña.
Indo ao proxecto Eco-Maker, dicir que nace coa vontade de xerar un sistema educativo híbrido que combina o movemento maker, a formación en materias STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática) e a posta en marcha de plans de estudo e método educativos ecolóxicos. Así, o alumnado participante nesta iniciativa de innovación docente, con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos, producirá prototipos como turbinas eólicas ou pequenos paneis solares contra o cambio climático xunto co profesorado que imparte as materias STEAM en obradoiros maker.
Cómpre sinalar que a UDC é a responsable da elaboración do currículo. Persoal docente vinculado á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e á Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) traballa xa no deseño dun documento no que se fomente a posta en funcionamento de estratexias nacionais STEAM, apoiando o desenvolvemento de competencias en materia de educación e formación relacionadas coa sustentabilidade ou no eido da capacitación no sector ecolóxico, entre outras.
O Agrupamento de Escolas de Mangualde de Portugal coordina un proxecto de innovación docente no que participa a Academia Internacional de Ciencia e Investigación de Reino Unido, o laboratorio FabLab Messina de Italia, o Centro de Formación Profesional BURSA/OSMANGAZI-Osmangazi, dependente do Ministerio de Educación Nacional de Turquía, a Universidade da Coruña de España, o centro educativo SP 50 Bialystok de Polonia, e o Centro de Formación EduForm de Portugal.
O Proxecto Eco-Maker está co-financiado pola Comisión Europea e conta cun orzamento total de 250.000 euros. A Universidade da Coruña dispón de 39.500 euros para elaborar o currículo do curso promovendo o interese e a excelencia nas áreas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?