Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ministro Escrivá inaugura na Coruña o Congreso Español de Informática (CEDI)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ministro Escrivá inaugura na Coruña o Congreso Español de Informática (CEDI)

S. P.
Publicado: 19/06/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

_congreso_espanol_informatica_coruna20240619_foto_3.jpgEsta semana a Facultade de Informática da UDC e o Palacio de Exposicións e Congresos (PALEXCO) da Coruña acollen o VII edición do Congreso Español de Informática (CEDI), unha reunión científica nacional de gran relevancia dentro do eido da informática. O foro, ao que asisten 1.100 profesionais co obxectivo de establecer colaboracións de investigación, institucionais e empresariais, acolleu esta mañá o acto oficial de apertura. Contouse coa presenza do ministro para a Transformación Dixital e da Fundación Pública, José Luis Escrivá.
Tamén participaron o conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, Miguel Corgos; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; a presidenta da Sociedade Científica Informática de España (SCIE), Inmaculada García, e Nieves Rodríguez Brisaboa por parte do comité organizador do congreso.
congreso_espanol_informatica_coruna_20240619_foto_5.jpg O reitor da UDC, Ricardo Cao, destacou que “a Cidade das TIC é un proxecto emblemático para a contorna tecnolóxica da cidade e de Galicia, que temos o orgullo de liderar desde a UDC”. En palabras do reitor, trátase dun proxecto que “reflicte a transformación dixital e a alianza entre empresas, universidades e administracións públicas”. Cao lembrou, ademais, a recente obtención por parte do CITIC do selo CIGUS, que o recoñece como centro de investigación do sistema universitario galego. “Este recoñecemento subliña o papel esencial do CITIC na promoción da investigación e a transferencia de coñecemento na nosa comunidade”.
Pola súa banda, Nieves Rodríguez Brisaboa indicou que o CEDI “pretende servir de marco de encontro para profesionais dedicados preferentemente á investigación, desenvolvemento, innovación e ensino universitario, dentro do ámbito da enxeñaría informática”. A investigadora do CITIC resaltou tamén que “o CEDI estruturouse como un multi-congreso, de modo que se cobren todos os eidos nos que na actualidade incide a informática, e dentro de cada un deles preséntanse, por medio de comunicacións, os aspectos máis innovadores, e con maior proxección futura, sempre desde a perspectiva dos retos e avances científico-tecnolóxicos acadados pola investigación neste campo”.
congreso_espanol_informatica_coruna_20240619_foto_4.jpgO CEDI está formado por un conxunto de congresos que se levan a cabo anualmente de forma independente e que cada catro anos celébranse conxuntamente nunha mesma localización, baixo a denominación de CEDI, que na súa VII edición ten lugar na Coruña ata este venres 21 de xuño, na Facultade de Informática da UDC e no Palacio de Exposicións e Congresos (PALEXCO). O comité organizador está presidido por María Nieves Rodríguez Brisaboa e Juan Touriño Domínguez, investigadores do CITIC e docentes da UDC, por encargo da Sociedade Científica Informática de España (SCIE) que, entre outros labores, encárgase de dar continuidade ao CEDI e de outorgar os Premios Nacionais de Informática.
O CEDI súmase ao proxecto estratéxico da Cidade das TIC e á recente designación da Coruña como sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia artificial (AESIA) para situar, á cidade en particular e a Galicia en xeral, como referencia a nivel nacional e internacional no ámbito TIC.
Ao abeiro deste encontro celebrouse tamén a edición número 33 do Congreso Español de Informática Gráfica (CEIG’24), que se celebrou dende o luns 17 ao longo de dúas xornadas, organizado pola Sección Española de Eurographics (EGSE) co apoio do CEDI e de entidades como Adobe, SIE, Vicomtech e Deep Design Systems S.L., amais do apoio institucional do CITIC, a propia Universidade da Coruña e a Facultade de Informática.
A intelixencia da IA e os desafíos da robótica asistencial
congreso_espanol_informatica_coruna_20240619_foto_1.jpg O programa do CEDI previsto para este mércores 19 inclúe dúas conferencias por parte dos científicos do CSIC, Ramón López de Mántaras e Carme Torras, quen falará sobre IA e os desafíos da robótica asistencial, respectivamente.
Ramón López de Mántaras, no seu relatorio titulado Reflexións sobre a intelixencia da IA, abordará as diferenzas fundamentais entre a intelixencia tecnolóxica e a humana, cuestionando a percepción esaxerada do potencial da IA e destacando que os sistemas actuais carecen de comprensión xenuína do mundo, como o define Daniel Dennett co termo “habilidades sen comprensión”. López de Mántaras incidirá na importancia da interacción co mundo físico para unha verdadeira comprensión e falará sobre os perigos actuais da IA, como a privacidade, o rumbo dos algoritmos e a manipulación, avogando por unha regulación máis estrita e unha mellor educación sobre os riscos e beneficios da IA.
congreso_espanol_informatica_coruna_.jpg Pola súa banda, Carme Torras falará sobre As múltiples facetas e desafíos da robótica asistencial, analizando como a robótica asistencial pode aliviar a carga do coidado nun contexto de envellecemento poboacional, mellorando a calidade de vida e a autonomía das persoas con limitacións físicas ou cognitivas. Torras centrarase nos desafíos da interacción persoa-robot, incluíndo a necesidade dunha comunicación fiable e personalizada, e de medidas de seguridade estritas para o contacto físico. Torras resaltará a importancia do co-deseño con todos os axentes involucrados e presentará prototipos de robots desenvolvidos con estas capacidades. Tamén abordará os desafíos éticos da robótica asistencial e destacará iniciativas educativas para fomentar o pensamento crítico sobre estas tecnoloxías, utilizando a narrativa de ciencia ficción como ferramenta educativa.
No transcurso da xornada entregaranse tamén os premios SCIE-ZONTA-SNGULAR, iniciativa conxunta da Sociedade Científica Informática de España (SCIE), os clubs de Madrid Km0 e Andalucía Málaga de ZONTA Internacional, e SNGULAR, que naceron coa misión de pechar a brecha de xénero no campo da informática en España, recoñecendo e promovendo o talento feminino na investigación tecnolóxica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?