Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Zona Franca acolle unha proba pioneira dun helicóptero e un dron traballando de xeito simultáneo e seguro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Zona Franca acolle unha proba pioneira dun helicóptero e un dron traballando de xeito simultáneo e seguro

S. P.
Publicado: 19/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vig_sec_drone_acre_suite.jpgO Consorcio da Zona Franca de Vigo acolleu este 19 de xuño (na súa sede en Porto do Molle, Nigrán) unha demostración da empresa Vig-Sec Drone, que naceu na 7.ª edición de ViaGalicia, na que exhibiu a súa pioneira tecnoloxía Suite ACRE, que permite o voo simultáneo de drons e aeronaves tripuladas de forma segura. Na experiencia participou o delegado da Zona Franca, David Regades.
Segundo fixeron saber dende a empresa, a día de hoxe “as operacións de emerxencia vense limitadas polo risco de colisións e este software proporciona unha solución a esta problemática, ofrecendo alertas, medidas de continxencia e accións de emerxencia en tempo real, adaptándose ás características específicas de cada aeronave”.
Esta exhibición experimental, que contou coa colaboración dun helicóptero EC-135 do Exército de Terra, constou de dúas partes. En primeiro lugar, efectuáronse dúas pasadas a diferentes alturas e distancias co uso de ACRE, avaliando a información recibida e a eficacia dos procedementos automáticos do software. A continuación, o helicóptero sobrevoou a zona sen a asistencia da tecnoloxía ACRE, permitindo observar a capacidade da tripulación para detectar o dron sen axudas electrónicas.
A validación deste exercicio achega a resolver un problema crítico na xestión do espazo aéreo en operacións de seguridade e emerxencia e abrirá novas posibilidades operativas, mellorando a eficacia das unidades de emerxencia en España.
software_suite_acre_de_vig-sec_drone_zona_franca.jpgA xornada comezou coa benvida e explicación da tecnoloxía Suite ACRE por parte do director executivo (CEO) de Vig-Sec Drone, Rubén Gil. A continuación, trasladouse ao viario sur do edificio e comezaron as demostracións de voo, nas que se simulou un espazo propio dunha emerxencia no que o helicóptero do Exército de Terra e un dos drons de Vig-Sec Drone conviviron no mesmo espazo aéreo. A proba rematou cunha análise do exercicio por parte da tripulación do helicóptero.
Segundo explicaron dende a Zona Franca, “a cooperación dos diferentes participantes neste plan de experimentación foi fundamental para permitir a validación da tecnoloxía de Suite ACRE, un proxecto que proporciona unha coordinación máis segura e eficiente entre drons e aeronaves tripuladas, beneficiando a todos os involucrados en operacións de emerxencias”.
A nova firma innovadora Vig-Sec Drone, nacida na 7.ª edición do programa de aceleración de empresas ViaGalicia do Consorcio da Zona Franca de Vigo, desenvolve a súa actividade no Edificio Tecnolóxico Aeroespacial da Zona Franca no Parque Empresarial de Porto do Molle (Nigrán).
20240619_dxeisedemosuiteacre_2.jpgNa cita tamén participou a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, quen sinalou que “é fundamental o valor innovador de startups como Vig-Sec Drone, que desenvolven tecnoloxías de alto interese para o avance do sector aeroespacial e, de forma específica, do segmento dos vehículos non tripulados”. Salientou tamén que o proxecto Suite ACRE (Área de Control Restrinxida de Emerxencias) é un software de xestión do espazo aéreo de emerxencias que permite o uso simultáneo de aeronaves tripuladas e non tripuladas, reducindo o impacto e o tempo de intervención nestas situacións. Amais, destacou que “valorado pola súa singularidade para o sector aeronáutico e aeroespacial galego, este proxecto, que participou tamén na 7ª edición de ViaGalicia, recibe asesoramento integral na Business Factory Aero (BFAero) logo de que a startup fose seleccionada no itinerario de aceleración da 5ª edición. Vig-Sec Drone tamén forma parte do programa Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?