Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ministro Escrivá coñeceu as instalacións e actividade científica do CiTIUS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ministro Escrivá coñeceu as instalacións e actividade científica do CiTIUS

S. P.
Publicado: 20/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O ministro no CiTIUS da USC. Imaxes de Santi Alvite.
O ministro no CiTIUS da USC. Imaxes de Santi Alvite.
O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, José Luis Escrivá, visitou este mércores 19 de xuño o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC acompañado polo reitor Antonio López, o director científico do centro, Senén Barro. Escrivá destacou nun encontro cos medios de comunicación “todo o potente ecosistema arredor da Intelixencia Artificial en Galicia”, e en concreto sobre o traballo do CiTIUS puxo de relevo o “moi relevante esforzo” no eido do desenvolvemento de modelos de IA. Tamén fixo unha referencia especial ao traballo do CiTIUS e do ILG no “exitoso Proxecto Nós”, destinado a integrar o galego na vangarda das ferramentas intelixentes.
O ministro tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións do CiTIUS, onde o persoal investigador principal lle explicou as súas potencialidades e os proxectos que alí se desenvolven. Máis polo miúdo, fixo un percorrido por varios laboratorios do centro, entre eles o de Realidades Intanxibles, dirixido por David Glowacki, o de Microelectrónica, baixo a supervisión de Diego Cabello e Paula López Martínez, e o de Robótica, liderado por Roberto Iglesias, Juan Antonio Corrales, Alejandro Catalá e Nelly Condori.
visita_al_citius_11_escriva_ministro.jpg A continuación, o ministro asistiu a unha sesión de presentación da actividade do centro, das novidades e dos novos proxectos de investigación de alto impacto. Así, Senén Barro explicou os pormenores das dúas novas cátedras de investigación financiadas polo Ministerio de Transformación Dixital: a Cátedra USC-Plexus Tech en Intelixencia Artificial Aplicada á Medicina Personalizada de Precisión que el mesmo dirixe, e a Cátedra USC-Televés en deseño microelectrónico da que é directora Paula López Martínez.
O ministro cualificou o carácter profundamente innovador destas cátedras. Para Escrivá, as cátedras do CiTIUS da USC “son o mellor exemplo de como dende a Universidade se pode traballar dunha forma transformadora para que toda a investigación remate nun beneficio directo á sociedade”.
A rolda de presentacións continuou co proxecto HYBRIDS, a cargo do seu investigador principal, Pablo Gamallo; o innovador uso da realidade virtual en tratamentos paliativos liderado por David Glowacki; e o proxecto RePowerSiC de Natalia Seoane Iglesias, enfocado en tecnoloxías de transferencia de enerxía para a exploración espacial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?