Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta recibe o Premio Impulso Dixital de Galicia do CPEIG pola integración da IA na Administració
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta recibe o Premio Impulso Dixital de Galicia do CPEIG pola integración da IA na Administració

S. P.
Publicado: 20/06/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

240620_pte_premiocei_dcs-2.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concederá o Premio Impulso Dixital de Galicia á Xunta de Galicia pola integración da Intelixencia Artificial (IA) na Administración autonómica galega. O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recolleu esta a distinción de mans do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, nun acto celebrado nas dependencias de San Caetano ao que tamén asistiu o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado; o vicesecretario do CPEIG, Roberto Vieito; e o vogal do CPEIG, Benigno Rosón.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou “o compromiso do Executivo autonómico por seguir consolidando a Galicia como unha comunidade pioneira na integración da Intelixencia Artificial na Administración para facela máis eficiente e útil para os cidadáns”.
Fernando Suárez sinalou que “a IA é xa unha realidade, unha tecnoloxía máis a disposición da sociedade, marcada pola súa rápida evolución”. Destacou que a Xunta de Galicia, a través da Comisión de Expertos no Desenvolvemento e Uso Ético da IA en Galicia e o Consello Técnico Asesor en IA e Espazo de Datos do Sistema Público de Saúde, “entendeu perfectamente esta realidade e deu un paso fundamental para integrala dentro dos servizos públicos galegos coa creación destes dous órganos”.
Suárez engadiu que “a Comisión de Expertos e o Consello Técnico van permitir que a Xunta de Galicia sexa unha administración pioneira en implantar a IA. Esta implantación temperá virá da man dun estudo rigoroso e multidisciplinar, realizado a través dunha visión integradora das partes científica, técnica, normativa e social”, sinalou o presidente do CPEIG, apuntando que “ambos órganos contan na súa estrutura con enxeñeiros e enxeñeiras en Informática”.
A Comisión de Expertos
240620_pte_premiocei_dcs-1.jpg A Comisión de Expertos para o Desenvolvemento e Uso Ético da IA en Galicia foi creada polo Goberno galego a finais de 2023, presidida polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, e formada por dez persoas expertas en diferentes ámbitos, como a economía, a filosofía e evolución humana, a tecnoloxía aplicada, a ética e normativa ou a política pública.
Entre as funcións da Comisión destacan a elaboración de recomendacións e asesoramento sobre o desenvolvemento e o uso ético da IA en Galicia; asesoramento para impulsar accións formativas e de sensibilización en IA, dirixidas a empresas, Administración Pública e cidadáns; a formulación de propostas sobre a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030, co obxectivo de adaptar as súas medidas aos novos escenarios; e o asesoramento na avaliación do impacto da IA nos diferentes sectores produtivos de Galicia, Administración Pública e sociedade.
AMTEGA fixo saber no seu día que a creación desta Comisión “é un paso máis no obxectivo de Galicia de ser unha rexión na vangarda europea en desenvolvemento dunha IA fiable e humanista”, e a Xunta estao a facer cunha folla de ruta definida que, en menos de catro anos, supuxo:
-Que Galicia fose unha das tres primeiras Comunidades Autónomas españolas en aprobar unha estratexia propia de Intelixencia Artificial, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 (EGIA), que prevé mobilizar máis de 330 millóns de euros públicos da Xunta ata 2030, cun impacto na creación de riqueza duns 472 millóns de euros.
-A creación do Nodo galicIA, un espazo de colaboración público-privada para o impulso da IA, promovido pola a Xunta de Galicia.
-A elaboración dun estudo para o marco ético e normativo da Intelixencia Artificial en Galicia.
-A designación de Galicia como sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia artificial (AESIA), a primeira axencia estatal de supervisión de IA que se crea en Europa. A madurez dixital da rexión e a concentración de coñecemento foron esenciais na designación desta sede na Coruña.
-A creación da Comisión Expertos para o Desenvolvemento e Uso Ético da IA en Galicia.
-A elaboración da lei galega para o desenvolvemento e impulso da IA, que enviará ao Parlamento este verán para a súa aprobación no último semestre do ano.
Asesoramento na política da Consellería de Sanidade en materia de IA
entrega_do_premio_ao_presidente_alfonso_rueda.jpg Galicia é a primeira Comunidade Autónoma en contar con especialistas que asesoran á sanidade pública de forma específica, agrupados no Consello Técnico Asesor en IA e Espazo de Datos do Sistema Público de Saúde, constituído en marzo de 2024.
As funcións deste Consello Técnico son o asesoramento na política da Consellería de Sanidade en materia de IA e o uso seguro e ético dos datos ou a elaboración de mapas de demanda temperá para definir en que áreas se debe dirixir a investigación ou que solucións precisa a atención sanitaria.
O presidente da Xunta anunciou en xuño de 2023 o lanzamento dun Plan de Transformación e Saúde Dixital 2023-2026 para mellorar e cambiar o modelo de atención sanitaria pública, aproveitando as novas tecnoloxías e, sobre todo, a IA e o uso de datos para a toma de decisións. O plan conta cunha dotación de 200 millóns de euros e inclúe máis de 120 iniciativas. Pretende desenvolver sistemas de axuda intelixentes e dotar á organización sanitaria de ferramentas, algoritmos de decisión e sistemas de información que faciliten ao profesional a toma de decisións, minimizando o risco para o paciente e mellorando a experiencia dos profesionais sanitarios no exercicio das súas actividades.
Así, este Consello Técnico trasladará as súas propostas e recomendacións ao Consello de Innovación en Materia de Saúde da Consellería de Sanidade e ao Nodo Galego de Intelixencia Artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?