Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo deseña unha app para organizar ás e aos profesionais que traballan con mulleres vítimas de violencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo deseña unha app para organizar ás e aos profesionais que traballan con mulleres vítimas de violencia

S. P.
Publicado: 20/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

app1_uvigo_max.jpgCoordinar ás e aos profesionais de diferentes eidos que interveñen na mellor atención a mulleres vítimas de violencia de xénero evitando a dobre vitimización á que moitas veces se ven abocadas é o eixo sobre o que xira a primeira aplicación móbil en Galicia que chega baixo o nome de Max App.
O xermolo desta idea abrollaba en xullo de 2023 froito dunha axuda á investigación da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo e botou a andar a partir das necesidades expresadas polos profesionais que atenden ás mulleres vítimas de violencia de xénero, en dous grupos de discusión organizados polas promotoras do proxecto.
Detrás desta creación atópanse as docentes e investigadoras Iria Vázquez Silva e Carmen Verde Diego, coa participación das tamén investigadoras da UVigo Sabela Pérez Martín e Paula Frieiro.
Cómpre salientar que este proxecto piloto, Max App, ven de ser galardoado no V Congreso Internacional de Trabajo Social (celebrado en Málaga). As súas creadoras queren agora testalo para seguir mellorándoo, ao tempo que xa iniciaron os trámites para rexistrar a patente.
No mediodía de onte, mércores 19 de xuño, o edificio Redeiras reunía ás responsables do proxecto, que presentaban os avances do mesmo, nun acto ao que asistiron profesionais de diferentes eidos da atención a mulleres vítimas de violencia de xénero acompañadas da directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez Suárez e a deputada de Igualdade e Benestar Social, Mª Sandra Bastos Míguez.
Iria Vázquez lembrou as orixes do proxecto, poñendo en valor as achegas dos grupos de discusión formados por profesionais dos eidos social, xurídico, sociosanitario ou policial que lles trasladaron as súas demandas co obxectivo de mellorar a atención que prestan ás vítimas de violencia de xénero.
A investigadora da UVigo tamén subliñou a demanda de simplicidade trasladada polos colectivos que participaron no grupo de discusión á hora de deseñar a app, un proceso que valora de xeito moi positivo, tanto polos obxectivos acadados “co tempo e recursos cos que contabamos, e por iso queremos divulgala para que as institucións públicas valoren poñela en marcha”.
Pola súa banda, a docente e investigadora do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa da UVigo Carmen Verde destacou na presentación da aplicación, o traballo e capacidade de formación de persoal investigador do Grupo de Estudos en Traballo Social, ao tempo que fixo fincapé nas súas liñas de traballo, “todas con perspectiva de xénero”.
Na súa intervención, Águeda Gómez (directora da Unidade de Igualdade da UVigo) agradeceu o apoio da Deputación de Pontevedra a través da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo, “que é un viveiro de proxectos con perspectiva de xénero, que dá froitos que se traducen en transferencia de resultados que se poderían ver na realidade”. Asemade, tamén amosou a súa satisfacción se Max App acada a que sería a primeira patente no ámbito da Cátedra.
Pola súa banda, a deputada de Igualdade e Benestar Social, Mª Sandra Bastos Míguez, felicitou ás promotoras da app polo recoñecemento internacional e referiuse a Max App, como “moi necesaria”, ao tempo que confirmou que “seguiremos apostando pola cátedra e pola igualdade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?