Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CICA da UDC inaugura unha exposición 3D en colaboración coa asociación UDCBigBang
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CICA da UDC inaugura unha exposición 3D en colaboración coa asociación UDCBigBang

S. P.
Publicado: 20/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cica_udc_3d_3.jpgO CICA da Universidade da Coruña inaugurou este xoves 19 de xuño unha exposición de pezas impresas en 3D que representan as liñas de investigación do centro. A asociación de estudantes da Universidade da Coruña, UDCBigBang, promoveu a iniciativa en febreiro deste ano, logrando recompilar o traballo dos grupos de investigación do centro e representalo a través de 38 pezas que quedarán expostas de forma permanente no CICA, ademais de na súa páxina web.
cica_udc_3d_2.jpgÁs 12:00 horas o salón de actos do centro enchíase estes xoves 19 de estudantes e investigadores que acudiron para ver o produto final dunha colaboración que levaba meses en marcha. O acto inaugurouse cunha mesa institucional conformada por Jaime Rodríguez, director do CICA; Mª José Lombardía, vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade da UDC, e Ignacio Delgado Ferreiro, presidente da asociación UDCBigBang.
O traballo da asociación non rematou na exposición material. A colección está acompañada de carteis cun código QR que permiten a calquera persoa cun teléfono na man acceder á información detallada sobre cada peza da exposición e tamén do grupo de investigación ao que corresponde. Este traballo permite que os visitantes poidan ampliar o seu coñecemento sobre Química e Bioloxía. O traballo recolle desde proteínas ata vesículas, diatomeas, nanopartículas de grafeno, MOOFs e moitos outros produtos da investigación científica do centro que merece a pena coñecer.
cica_udc_3d.jpg Coa axuda do departamento de Comunicación e Divulgación Científica do centro, a asociación de estudantes elaborou unha landing na web do CICA que permite a calquera persoa con acceso a Internet visitar a exposición. Na web atoparemos toda unha galería de imaxes interactivas coas que chegaremos mesmo a poder manipular as pezas en directo facendo que as fotografías en 2D pasen a 3D esteamos onde esteamos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?