Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo blíndase para minimizar os riscos ante ataques informáticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo blíndase para minimizar os riscos ante ataques informáticos

S. P.
Publicado: 21/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_ciberseguridade.jpgAnte o incremento de ciberataques nas empresas e nas distintas administracións, o Concello de Lugo está a avanzar na prevención da piratería informática para minimizar riscos ante eventuais ataques. Así, boa parte das traballadoras e traballadores da Administración local está a recibir formación continua en materia de ciberseguridade, para loitar contra as ameazas ás que se expón a información.
Así o fixo saber a alcaldesa Paula Alvarellos nunha visita celebrada esta semana ao Vello Cárcere, onde se está a impartir un curso para empregados municipais, co obxectivo de afondar na loita contra a piratería informática e na formación en ciberseguridade. A rexedora sinalou que “desde o Concello de Lugo queremos garantir a seguridade na Administración local, ao tempo que avanzamos na dixitalización co fin de mellorar a eficacia e a eficiencia dos servizos municipais que prestamos á cidadanía”.
Segundo explicou, o Concello de Lugo “enfrontase a unha contorna de traballo cada vez máis dixitalizado, tramitando expedientes electrónicos, respondendo a correos electrónicos, procesando facturas e recibos, xestionando aplicacións na nube ou en dispositivos móbiles, ou realizando tarefas de difusión en redes sociais; este emprego diario da tecnoloxía leva aparellados riscos que, en ocasións, poden comprometer gravemente o funcionamento de toda a Administración”. Tamén fixo saber que as ameazas poden ter formato de ciberataques pero que noutras ocasións “o que se pode detectar como piratería informática son erros humanos que hai que corrixir”. De feito, desde o Executivo de Paula Alvarellos se explica que “aínda que se avanzou moito na posta en marcha de medidas de ciberseguridade, hai que ter en conta que hai incidentes de seguridade que non son técnicas de piratería sofisticadas, senón que a miúdo vense favorecidos por erros humanos”.
Por iso, as sesións formativas que se están a desenvolver teñen como obxectivo, por unha banda, proporcionar os coñecementos e ferramentas necesarios para identificar, previr e responder eficazmente ante posibles ataques informáticos, e por outra, evitar na medida do posible o maior número de erros humanos que podan supoñer unha ameaza para o sistema. Amais, trabállase nunha mellor formación e concienciación en protección tecnolóxica, como “un eixo fundamental para o bo funcionamento de calquera organización, facendo que os seus empregados e empregadas reciban unha capacitación periódica que lles permita protexer a seguridade da información que manexan”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?