Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo licitou a contratación do servizo dunha oficina de ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo licitou a contratación do servizo dunha oficina de ciberseguridade

S. P.
Publicado: 21/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

pilar_garcia_porto_deputacion_de_lugo-2.jpgO Goberno da Deputación de Lugo aprobou a adxudicación, por 380.290,80€, do contrato para a prestación do Servizo de Teleasistencia domiciliaria as 24 horas que que ofrece a institución provincial. Ademais, aprobouse tamén a gratuidade da primeira matrícula nos graos superiores do Centro de Formación en Audiovisuais da Deputación e máis a licitación para a contratación do servizo dunha oficina técnica de seguridade da información e protección de datos.
Teleasistencia
A voceira socialista do Goberno da Deputación, Pilar García Porto, informou que a empresa adxudicataria da asistencia a distancia da institución provincial é Servizos de Teleasistencia SA e a duración do contrato será de 1 ano coa posibilidade de prorrogalo de forma anual 3 veces máis, ata un máximo de 4 anos. A deputada explicou que grazas a este servizo, a Deputación garante atención domiciliaria gratuíta as 24 horas, os 365 días do ano, a cerca de 2.000 veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia que teñen dificultades na súa autonomía. Apuntou tamén que a Teleasistencia “é unha forma de favorecer a permanencia, o arraigo e a integración no entorno familiar e social destas persoas, sobre todo no rural”, porque os usuarios deste servizo e as súas familias “viven con máis tranquilidade, pois saben que contan cun sistema de chamada para recibir atención en calquera momento”.
Primeira matrícula gratuíta nos graos superiores de Audiovisuais
A Xunta de Goberno aprobou tamén, “como todos os anos”, a gratuidade da primeira matrícula dos ciclos formativos de grao superior que imparte o Centro de Formación de Audiovisuais da Deputación de Lugo. “A gratuidade é para os ciclos de Realización e Produción, e no caso do alumnado repetidor, a tarifa sinalada e vixente continúa sendo de 600€”, explicou García Porto. Detallou a Deputada que “este centro é o único da provincia que imparte ensinanzas superiores de Audiovisuais” e lembrou que o prazo de preinscrición para o curso que vén xa está aberto ata o vindeiro 5 de xullo. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude de xeito presencial na sede do centro (na rúa Frei Plácido Rei Lemos, en Lugo) ou de xeito telemático a través do apartado de Audiovisuais da páxina web da Deputación de Lugo. A matrícula poderá realizarse do 17 ao 22 de xullo e no caso de que queden prazas sen cubrir, abrirase un período de matrícula extraordinaria desde o 23 xullo ata completar o número total.
Oficina técnica para reforzar a seguridade informática
O Goberno provincial lucense aprobou tamén a licitación para a contratación do servizo dunha oficina técnica de seguridade da información e protección de datos. A institución inviste 399.300€ na contratación deste servizo, que terá unha duración de 2 anos, coa posibilidade dunha prórroga anual. “Trátase dun contrato que fixemos por primeira vez o ano pasado e agora tratamos de darlle continuidade”, explicou Pilar García Porto, engadindo que o que se pretende con este servizo “é reforzar a seguridade da Deputación de Lugo a nivel de sistemas de información, establecendo novas medidas de seguridade nos sistemas informáticos que completan as que xa temos”. E engadiu:“Queremos que a seguridade TIC sexa unha parte integral e transversal á Deputación, porque consideramos que protexernos das ameazas e os ciberdelitos é algo moi importante no traballo diario da Administración, pola información, ás veces moi sensible, que manexamos”.
Lembrou os pasos que a institución provincial deu estes anos en materia de ciberseguridade, como formar parte de CIBER.gal (no que coa Xunta e o resto de deputacións de Galicia fan fronte común para garantir a Ciberseguridade das Administracións), aprobar unha nova política de seguridade ou a creación dun comité de Seguridade da Información.
Este servizo incluirá xornadas formativas e de concienciación en materia de seguridade para os traballadores, auditorías internas e a creación dunha oficina de apoio e un servizo de resposta ante ciberincidentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?