Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto do 70% dos empregados das empresas tecnolóxicas de Galicia conta cunha titulación universitaria
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto do 70% dos empregados das empresas tecnolóxicas de Galicia conta cunha titulación universitaria

S. P.
Publicado: 24/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

computador_ordenador_portatil_lapto-2.jpgO servizo de emprego do Clúster TIC Galicia vén de presentar o mapa de titulacións do equipo humano das súas empresas socias, do que se desprende que o 67,2% dos empregados das compañías tecnolóxicas conta cunha titulación universitaria (grao ou licenciatura), un 28,5% con Formación Profesional de grao superior e un 4,3% con outros estudos, ciclos de grao medio ou bacharelato.
Respecto ao tipo de titulacións, no caso das universitarias, un 71% están relacionadas con disciplinas STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática). En canto aos ciclos formativos de FP superior, o 80,4% son de ámbito tecnolóxico, de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM), Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) ou de Administración de Sistemas Informáticos en Rede.
O informe tamén extrae os datos do cadro de persoal de organizacións do ecosistema TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) presentes no Clúster, é dicir, aquelas firmas que prestan apoio ou servizos ao sector tecnolóxico. Neste eido, un 82,5% dos empregados ten unha titulación universitaria, aínda que só o 26,3% está vinculada a áreas STEM. Se poñemos o foco nos profesionais con FP de grao superior, un 73,3% cursou ciclos formativos vinculados á contorna tecnolóxica (DAM, DAW ou Sistemas).
“Estes datos sérvenos para coñecer como está estruturado o capital humano dos nosos asociados de cara ao deseño dun mapa de titulacións que se poida extrapolar ao sector tecnolóxico galego, pero tamén co obxectivo de achegar esta información ao Plan Director da industria das TIC, que está a redactar a Secretaría Xeral de Industria”, sinalou Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia.
Cifras do sector
O servizo de emprego da asociación, posto en marcha en 2023, está así a recadar información de diversa índole entre os seus asociados (emprego creado, tempo medio de recrutamento, fontes de selección de persoal, rotación no sector, salarios medios por posto, etc.) co propósito de “obter cifras obxectivas que poidan ser de interese para o deseño do Plan Director da industria das TIC ou para o Servizo de Emprego Público de Galicia”.
Así, o pasado ano, a entidade deu a coñecer o número de vacantes rexistradas nas compañías socias, máis de 260, así como as capacidades e ocupacións dos seus profesionais. “Este servizo tamén pretende axudar aos asociados a atopar o talento cualificado que precisan e promover que se establezan políticas de formación orientadas a cubrir estas vacantes”, afirma del Corral, engadindo que esta análise da situación de partida no sector “é de gran utilidade para establecer as medidas necesarias para impulsar e fortalecer a actividade industrial TIC de Galicia a nivel nacional e internacional, así como para promover a creación e mantemento do emprego no sector”.
140 socios
Actualmente, o Clúster TIC Galicia está conformado por 140 socios, entre grandes empresas (24), pequenas empresas (112) e centros tecnolóxicos, colexios e asociacións profesionais (4), que supoñen unha facturación conxunta de máis de mil millóns de euros e ao redor de 14.000 traballadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?