Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica cubre coa 5G de altas prestacións máis de 1.000 municipios de toda España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica cubre coa 5G de altas prestacións máis de 1.000 municipios de toda España

S. P.
Publicado: 24/06/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

telefonica_5g_rural.jpgTelefónica superou xa os 1.000 municipios con 5G de altas prestacións na banda de 3.500 MHz. Con estas cifras, sinalou a compañía, “consolidamos o desenvolvemento dunha cobertura que permite ofrecer ultras banda larga móbil na práctica totalidade do territorio, tanto en zonas rurais como urbanas de toda España”.
A operadora salienta tamén que as prestacións da banda de 3.500 MHz (ofrecida aos clientes Movistar e O2 como 5G) achegan “altas velocidades e moi baixa latencia, o que optimiza a experiencia móbil, ademais de incrementar a calidade de rede”. Isto, engade a empresa, “implica para o cliente unha mellor experiencia móbil con imaxe de alta calidade, descargas case instantáneas, streaming, poder xogar na nube sen interrupcións e un aumento da calidade de rede mesmo en espazos concorridos como eventos deportivos ou concertos musicais”.
No ámbito das empresas, engade Telefónica, “esta banda facilita dispoñer de novas funcionalidades como o network slicing para ofrecer a mellor calidade de rede ante determinadas necesidades específicas”.
Telefónica xa puxo todas estas vantaxes ao dispor de 1.016 localidades españolas.
Ademais, a operadora traballa na banda 5G de 700 MHz, que chega xa a 3.008 municipios e que permite mellorar o servizo en interiores. Así, Telefónica ofrece cobertura 5G en ambas as bandas a máis do 89% da poboación española.
5G Stand Alone
Telefónica segue avanzando na despregadura da 5G SA (Stand Alone), unha tecnoloxía na que toda a infraestrutura de rede (radio e core) apóiase na 5G e que chega a un total de 50 cidades, incluíndo localidades de todas as Comunidades. Desta forma, Telefónica chega con 5G SA fundamentalmente a cidades de máis de 250.000 habitantes en todas as CCAA coa previsión da súa rápida extensión a outras poboacións para así seguir consolidando a capilaridade do servizo 5G de Movistar.
A modalidade Stand Alone de 5G atópase xa dispoñible nos terminais compatibles das marcas Xiaomi, Samsung, Oppo e Motorola, todos eles con varios modelos aos que se irán sumando novos modelos e fabricantes ao longo do ano.
“Con 5G SA contribuímos á mellora da experiencia de conectividade do usuario e ademais ofrecemos a posibilidade de desenvolver e implantar ás empresas servizos avanzados baseados na conectividade móbil xunto con outras tecnoloxías como o network slicing”, explica a compañía, engadindo que a 5G de Telefónica apóiase sobre unha rede fibra con preto de 30 millóns de unidades inmobiliarias que “garante o soporte desta tecnoloxía móbil e a constitución dunha rede robusta que permita a creación de servizos e a xestión dun crecente volume de datos, aspectos fundamentais no avance cara á dixitalización”.
A 5G, vía para gañar eficiencia enerxética
Telefónica destacou os seus grandes avances en eficiencia enerxética “grazas á aplicación de innovacións tecnolóxicas e proxectos” que están a permitir á compañía “reducir o seu consumo” á vez que logra xestionar o importante aumento do tráfico de datos rexistrado nos últimos anos. Só desde 2015, “reducimos o consumo nun 8,6%, mentres que o tráfico multiplicouse por 8,6 veces”, engadiron fontes da operadora, salientando que “unha das vías a través da cal gañámos eficiencia é a modernización da rede, substituíndo o cobre por fibra óptica, un 85% máis eficiente, e despregando a 5G”. Neste punto, Telefónica salienta que a 5G consume ata un 90% menos de enerxía que o 4G por unidade de tráfico (W/Mbps), ademais de apoiarse no consumo de electricidade 100% renovable, aspecto que Telefónica aplica a toda a súa rede desde o ano 2017.
Telefónica, adxudicataria principal do plan 5G Rural (ÚNICO 5G Redes Activas)
Telefónica foi a principal adxudicataria do plan 5G Rural (ÚNICO 5G Redes Activas) polo que o Ministerio de Transformación Dixital repartiu un total de 508 millóns de euros que supoñen 7.330 emprazamentos, 174 deles de nova creación, beneficiando a 1,8 millóns de habitantes e brindando cobertura en máis de 30.000 km de estradas. En concreto, Telefónica percibirá 298 millóns de euros para 4.123 emprazamentos.
“Este investimento supoñerá un novo impulso á chegada da 5G a municipios de menos de 10.000 habitantes, o que implicará unha ampliación da conectividade a un número crecente de poboacións no ámbito rural”, apunta a compañía, engadindo que a colaboración público-privada funciona “como unha panca clave para potenciar este desenvolvemento da conectividade en todo o territorio”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?