Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 70 profesionais en seguridade multimedia reúnense no IH&MMSec’24, organizado por atlanTTic
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 70 profesionais en seguridade multimedia reúnense no IH&MMSec’24, organizado por atlanTTic

S. P.
Publicado: 24/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

atlanttic_baiona_congreso_atlan0.jpgEsta mañá inaugurouse no Parador de Baiona o 12º ACM Workshop on Information Hiding and Multimedia Security, IH&MMSec’24, un evento de referencia internacional no ámbito da seguridade multimedia e da ocultación da información, organizado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, co apoio da ACM (Association of Computing Machinery).
Desde este luns e ata o vindeiro mércores no IH&MMSec’24 presentaranse os últimos avances que se están a realizar nestes ámbitos en institucións académicas, industriais e gobernamentais de todo o mundo, tanto desde o punto de vista teórico como de innovadoras e pioneiras aplicacións industriais e comerciais.
Na inauguración oficial participaron Jesús Vázquez Almuiña, alcalde de Baiona; Martín López Nores, vicerreitor de Profesorado e Ordenación Académica da UVigo; Martín Llamas Nistal, director de atlanTTic, e o catedrático e investigador da UVigo Fernando Pérez, presidente do comité organizador de IH&MMSec e líder do Grupo de Investigación en Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) de atlanTTic.
Pérez-González amosou na súa intervención o seu agradecemento ás máis de 70 persoas asistentes procedentes de Alemaña, China, Francia, Italia ou EEUU, e aos organizadores do evento, mentres que López Nores destacou as cifras de alumnado e internacionalización da UVigo.
Pola súa banda, o director de atlanTTic, resaltou o labor do centro e da Universidade de Vigo no ámbito da ciberseguridade, “unha das áreas estratéxicas do centro”, dixo. Mentres, o alcalde de Baiona, agradeceu ás e aos participantes a súa presenza en Baiona e máis concretamente no parador, “un lugar que adoita acoller grandes citas a nivel internacional”, asegurou Vázquez Almuiña.
IH&MMSec’24, que conta co apoio da ACM (Association of Computing Machinery) e a colaboración de Gradiant, o Concello de Baiona e os proxectos Uncover, Trumpet e Truffles, desenvolverá un amplo programa que inclúe presentacións de artigos de investigación, mesas redondas e sesións especiais.
Nos máis de 30 relatorios de investigadores e investigadoras internacionais abordaranse diferentes temáticas relacionadas coa seguridade da información e ocultación de información, como esteganografía, esteganálise, marcas de auga dixitais e anonimidade. O programa tamén cubrirá diversos temas de seguridade multimedia, como a autenticación multimedia, a forensía multimedia, a biometría e a privacidade. Ademais, haberá catro sesións especiais sobre detectores confiables, stego-malware, detección de deepfakes de audio e privacidade e seguridade na aprendizaxe federada.
As sesións da primeira xornada céntranse na esteganografía e esteganálise, stego-malware e a análise forense. O congreso ten programadas tres conferencias invitadas (keynote talks) a cargo de Gwenaël Doërr, de Synamedia (Francia), que se centrará na utilización de ferramentas dixitais para combater a piratería de vídeo; Christian Riess, da Universidad Friedrich-Alexander Erlangen-Nürnberg (Alemaña), afondará na tradución de avances teóricos na forensía de imaxes en aplicacións prácticas; e Jonathan W. Hak, da Universidad de Leiden (Holanda), discutirá as aplicacións da forensía multimedia en investigacións criminais.
O mércores pola tarde, como antesala ao peche do evento, celebrase a charla plenaria de Jonathan W. Hak, impulsada polo proxecto europeo Uncover, e a mesa redonda Navegando a Frontera da IA: Desafíos na Forensía Multimedia e a Esteganálise, sobre o uso da Intelixencia Artificial na análise forense de datos multimedia e en esteganografía, na que participarán Matthias Kirchner (Kitware Inc., EE.UU.), Ralf Zimmermann (ZITiS, Alemaña), Jonathan W. Hak (Leiden University, Holanda), e Mauro Barni (University of Siena, Italia) e Patrick Bas (CRIStAL, CNRS), que representarán ao ámbito empresarial, gobernamental, legal e académico, respectivamente, e estará moderada por Luis Pérez Freire de Gradiant.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?