Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ferramenta ImaginEM do SERGAS e Novartis habilitarase en todas as áreas sanitarias galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ferramenta ImaginEM do SERGAS e Novartis habilitarase en todas as áreas sanitarias galegas

S. P.
Publicado: 05/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

de_izquierda_a_derecha_-_eloy_vinuales_dr._jose_maria_prieto_nuria_gonzalez_javier_quiles_y_manuel_munoz_en_el_mwc.jpgO Servizo Galego de Saúde (SERGAS), en colaboración con Novartis, puxo en marcha ImaginEM Galicia, un proxecto innovador que utiliza Intelixencia Artificial (IA) para mellorar o diagnóstico e seguimento da Esclerose Múltiple (EM).Este programa pioneiro habilitarase nos sete hospitais públicos que representan as áreas sanitarias de Galicia e busca asistir aos clínicos na interpretación e manexo de resonancias magnéticas para optimizar o tratamento de pacientes con esta patoloxía.
O proxecto presentouse este martes 4 de marzo no 4YFN dentro da mesa redonda, realizada en colaboración co Barcelona Health Hub: Co-creating with the Spanish Healthcare System: lessons learned from ImaginEM Galicia Project, coa participación do doutor. José María Prieto (xefe de servizo de neuroloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago – CHUS e presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía), Manuel Muñoz (CSO de Qubiotech), Javier Quiles (subdirector de sistemas de información do CHUS) e Nuria González (responsable da área de acceso e solucións innovadoras de Novartis), baixo a moderación de Eloy Viñuales, director de neurociencias de Novartis España.
Segundo explicaron, a EM é unha doenza neurodegenerativa que constitúe unha das principais causas de discapacidade non traumática en adultos e xente nova. A súa prevalencia incrementouse substancialmente nas últimas décadas, afectando aproximadamente a 1,8 millóns de persoas en todo o mundo. En Galicia, a prevalencia é especialmente alta, con taxas que alcanzan os 205 casos por cada 100.000 mulleres e 115 casos por cada 100.000 homes, o que converte a esta comunidade autónoma nunha das máis afectadas por esta enfermidade en España.
No 4YFN lembraron que ImaginEM Galicia ten como obxectivo principal “homoxeneizar os protocolos utilizados nas resonancias magnéticas para mellorar a precisión diagnóstica, coa implementación do software avanzado NeuroCloud, que permite analizar neuroimaxes mediante Intelixencia Artificial, extraendo biomarcadores crave con rapidez e precisión; e deste xeito, axilízase a identificación de novas lesións e evolución do paciente por parte dos neurólogos especialistas en EM”. Ademais, o proxecto busca fomentar unha mellor coordinación entre os servizos de neuroloxía e neurorradioloxía, optimizando os procesos asistenciais e reducindo os tempos necesarios para avaliar aos pacientes.
O SERGAS e Novartis salientaron que ImaginEM Galicia é “un exemplo destacado do potencial transformador da colaboración público-privada”. Segundo José Ramón Parada, xerente do Servizo Galego de Saúde, “ImaginEM facilitará o diagnóstico precoz e un seguimento máis preciso dos pacientes con esclerose múltiple e permitirá reducir os tempos de avaliación. Proxectos como ImaginEM contribúen a avanzar na excelencia asistencial, ao optimizar e estandarizar procesos que redundarán na calidade de vida dos nosos pacientes, fin último do noso sistema sanitario público”.
Pola súa banda, Eloy Viñuales, director de neurociencias de Novartis España, engadiu: “Este proxecto non só busca mellorar a precisión diagnóstica e o seguimento dos pacientes, senón tamén establecer un modelo replicable que fomente a estandarización e a equidade no acceso a coidados avanzados. Estamos orgullosos de traballar xunto ao SERGAS e outros actores clave para ofrecer solucións que impacten directamente na calidade de vida das persoas que conviven con EM”.
O desenvolvemento do proxecto divídese en tres etapas: análise inicial do proceso asistencial actual, implementación tecnolóxica do software NeuroCloud e seguimento continuo para avaliar o seu impacto clínico. Os resultados preliminares presentaranse durante o próximo ano e agárdase poder cuantificar as melloras, coa intención de replicar este modelo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?