Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira recoñece o mérito do Mega Builder Team tras clasificarse para o Campionato Nacional FIRST LEGO League
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira recoñece o mérito do Mega Builder Team tras clasificarse para o Campionato Nacional FIRST LEGO League

S. P.
Publicado: 07/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ribeira_mega_builder_team_2.jpgEsta semana o equipo Mega Builder Team de robótica de Ribeira foi recibido polo goberno local no Concello despois de que o pasado 22 de febreiro se clasificara na competición autonómica da FIRST LEGO League celebrada en Ferrol. Este equipo formado por rapaces de Ribeira, acadou o segundo posto na proba galega por detrás do conxunto ourensán Captioma Elementals na undécima edición da fase autonómica do devandito campionato internacional.
Este segundo posto permítelles competir na final do Torneo Estatal de Robótica da FIRST LEGO que este ano está programado para o 29 de marzo na Universidade da Coruña, a través do Campus Industrial e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.
Ao acto acudiron o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, a concelleira de Facenda, Herminia Pouso e os integrantes do equipo, Manuel, Ángel, Hugo, Pablo, Soren, Martín, Daniel, Isaac, David e Jorge máis os adestradores Pedro Estévez e Manuel Vilar. O adestrador Manuel Vilar explicou en que consiste o campionato; “é un campionato que se celebra tódolos anos en Ferrol, hai unha parte que é o xogo do robot que é un robot que montas con pezas LEGO e hai que superar un total de 15 misións que cambian en cada edición, e por outra banda cómpre facer un proxecto de innovación relacionado cunha temática na que este ano houbo que traballar o mundo submarino, as investigacións acuáticas”. Tamén sinalou que para a puntuación tamén téñense en conta os valores do bo facer do traballo en equipo. Esta é a segunda clasificación que conseguen para o estatal, xa que na anterior desprazáronse a Málaga.
ribeira_mega_builder_team.jpgO capitán do equipo, Manuel Vázquez, falou da súa experiencia: “Eu son os que os axudo nos problemas que teñan, fago un pouco de unión do equipo e saben que me precisan para calquera cousa”.
O rexedor, Luís Pérez Barral, interesouse sobre o sistema de clasificación e o adestramento ou as probas ás que se enfrontan, e tamén quixo resaltar “que é un orgullo para toda Ribeira ter rapaces e rapazas menores de idade que son capaces non só de aprender programación, robótica ou informática, senón que tamén comparten valores tan importantes como o compañeirismo, axudándose uns a outros”. Por outra banda puxo en valor “que eses rapaces que no seu día estiveron no equipo de competición, agora que van medrando pasan a ser adestradores deses compañeiros que veñen atrás; todo un exemplo”. Finalmente desexoulles sorte para o campionato estatal.
Para rematar o concelleiro de Novas Tecnoloxías e a concelleira de Facenda expresaron o cariño e gratitude a todos estes nenos “que están levando o nome de Ribeira alá por onde van e demostran que aquí tamén temos canteira en ámbitos como a robótica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?