Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rapa e As Neves, grandes protagonistas da gala dos XXIII Mestre Mateo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rapa e As Neves, grandes protagonistas da gala dos XXIII Mestre Mateo

S. P.
Publicado: 17/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

premios_mestre_mateo.jpgA serie Rapa, dirixida por Jorge Coira e Javier Cámara, foi finalmente a gran triunfadora da gala dos XXIII Premios Mestre Mateo, celebrada este sábado 15 de marzo en Lalín: unha gala sobre audiovisual que puxo o foco na importancia cada vez maior das plataformas (onde triunfaron contidos galegos que tiveron un longo percorrido no ámbito streaming como as gran protagonistas da noite: Rapa e As Neves) e que tamén foi un clamor contra o proxecto da pasteira Altri en Palas de Rei.
A serie Rapa producida por Portocabo TV e a plataforma Movistar Plus e creada e escrita por Pepe Coira e Fran Araújo fíxose con once galardóns na noite do audiovisual galego. Entre eles, Mellor Serie de Televisión, Mellor Guión para os tamén creadores da serie Pepe Coira e Fran Araújo e Mellor dirección, para Jorge Coira e Javier Cámara. A terceira tempada da serie conclúe un ciclo no que todas as súas entregas foron recoñecidas co galardón de Mellor Serie.
A gala dos XXIII Premios Mestre Mateo celebrouse este ano en Lalín, por primeira vez fóra da contorna das grandes cidades grazas ao apoio do Concello de Lalín, da Deputación de Pontevedra e AGADIC – Xunta de Galicia e foi emitida en directo pola Televisión de Galicia.
Rapa partía como unha das favoritas da noite, con 18 candidaturas, e foi a obra máis premiada. O thriller rodado na comarca de Ferrol destacou tamén nas categorías de interpretación, os premios de Mellor Interpretación Feminina Protagonista e Mellor Interpretación Masculina Protagonista e de reparto recaeron en Mónica López, Darío Loureiro e Diego Anido polos seus papeis na serie.
Tamén brillou nas categorías técnicas conseguindo o recoñecemento a Mellor Dirección de Fotografía para Jaime Pérez, Mellor Dirección de Produción para Ana Míguez, Mellor Maquillaxe e Perruquería para Fanny Bello e Gemma Márquez, Mellor Montaxe para Gaspar Broullón, Lu Rodríguez e Jorge Coira e Mellor Música Orixinal para Xavi Font.
A longametraxe As Neves, de Sonia Méndez, foi outra das vencedoras da noite con tres premios, Mellor Longametraxe para a produción de Cósmica e Aquí y Allí Films coa participación da TVG, Mellor Interpretación Feminina deReparto para a actriz Lucía Veiga, que recolleu o seu terceiro Premio Mestre Mateo consecutivo, e Mellor Son para David Machado, que tamén repite premio, Javier Pato e Daniel Fernández.
max_as_neves_top10_detalle.jpg As Neves foi un dos hits da pasada tempada nas plataformas tecnolóxicas, por exemplo en Max, onde tivo a súa estrea en setembro de 2024, tal e como informamos dende Código Cero.
Quen tamén dobrou galardón na noite do audiovisual galego foi o equipo de Tratamos demasiado bien a las mujeres, co premio a Mellor Vestiario para Maite Tarilonte e Mellor Dirección de Arte, para Curru Garabal.
Nas categorías de curtametraxes, as premiadas foron Pura, de Carmen Méndez, premio a Mellor Curtametraxe de imaxe real e Eu vou comigo, de Abano Producións, premio a Mellor Curtametraxe de Animación.
Filmei paxaros voando, dirixido por Zeltia Outeiriño e producido por Sétima e Ringo Media coa participación da TVG fíxose co premio a Mellor Documental. Pola súa banda, Recollendo músicas gañou a Mellor Programa e Poscoito gañou a Mellor Serie Web. Na categoría de Mellor Videoclip o premio foi para Marimondra, de Mondra e Adela Otero.
O galardón a Mellor Comunicador foi para Juan Fuentes, por Quen anda aí?; Mellor Realización para Marcos Nine por Historias de Aquí e Mellor Anuncio publicitario para Non pode ser máis de aquí, de Real Club Celta e Verve Creative Group.
Un dos momentos máis emocionantes da gala foi a entrega do Premio de honra á script Encarna Alonso, que recolleu o galardón das mans do cineasta Carlos Amil. A gala de entrega de premios foi presentada por Teté Delgado baixo a dirección da coreógrafa Marta Alonso. O artista Baiuca foi o encargado de poñer música á noite do audiovisual galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?