Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Constituído o Consello de Administración da Sociedade Xestora da Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Constituído o Consello de Administración da Sociedade Xestora da Cidade das TIC

S. P.
Publicado: 04/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cidade_das_tic_coruna_xestora.jpgA Sociedade Xestora da Cidade das TIC xa é unha realidade. Así se certificou na mañá deste xoves 3 de abril coa celebración da primeira sesión ordinaria do seu Consello de Administración, un acto no que participaron a alcaldesa, Inés Rey, e o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad, e que abre camiño á folla de ruta proposta pola Concello e a UDC co obxectivo de “dinamizar e impulsar o polo tecnolóxico de Pedralonga”, a antiga Fábrica de Armas da Coruña.
A sesión tivo lugar na Sala Cluster TIC do Centro de Servizos Avanzados, e permitiu concretar o organigrama que encabezará o Consello de Administración nesta primeira etapa. Será Ricardo Cao Abad quen ostentará a presidencia ata finais de ano e, xa a comezos do 2026, a alcaldesa collerá a súa remuda á fronte do mesmo.
O Concello está representado no Consello de Administración por José Manuel Lage, concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica; Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade; Emma Cid, directora de Área de Gabinete da Alcaldía; e Manuel Ángel Jove, director da Área de Administración Xeral.
Pola súa banda, a representación da Universidade da Coruña recae nas seguintes persoas: o reitor, Ricardo Cao; pola secretaria Xeral da UDC, Marta García, e polo vicerreitor de Investigación e Transferencia, Jerónimo Puertas.
Serán facultades do Consello de Administración, entre outros aspectos, a dirección e xestión dos negocios da sociedade de xestión da Cidade das TIC e a toma de decisións de actuacións para a consecución dos obxectivos do dito órgano, que son a promoción e o impulso do proxecto.
Rey e Cao Abad coincidiron na posta en valor dos avances que está a experimentar a Cidade das TIC nos últimos meses, coa incorporación de novos equipamentos que permitirán “dar un pulo ás iniciativas empresariais e tamén en materia de investigación que xa están a abrollar en Pedralonga, con énfase no desenvolvemento do sector TIC e tamén do tecido audiovisual”.
É o caso dos novos escenarios que se habilitarán en dous dos edificios da antiga Fábrica de Armas. Co arrinque deste mes de abril, a xunta de Goberno local concedeu os permisos necesarios para facilitar a construción dos edificios que acollerán estes estudios inmersivos. Ocuparán dúas parcelas que suman 6.640 metros cadrados. Os traballos previstos pola empresa promotora contan cun orzamento de execución conxunto de 4,1 millóns de euros e un prazo de execución de 36 meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?