Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberto o prazo de inscrición para TurisTalent 5.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberto o prazo de inscrición para TurisTalent 5.0

S. P.
Publicado: 16/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_destino_turistico_intelixente.jpgO Concello de Lugo vén de publicar a convocatoria para seleccionar ata 15 proxectos innovadores nos sectores turístico e enogastronómico que participarán na aceleradora pública TurisTalent 5.0. Esta convocatoria está dirixida a emprendedores, equipos promotores e empresas de calquera forma xurídica (autónomos incluídos) de todo o territorio con dispoñibilidade para asistir ás sesións presenciais en Lugo que conten con propostas nos ámbitos turístico ou enogastronómico. Estará xestionada pola firma de novas tecnoloxías Dos Espacios.
Así, todos os interesados dispoñen de 20 días hábiles (do 16 de xuño ata o 11 de xullo) para presentar os seus proxectos a través da sede electrónica do Concello de Lugo, ou de forma presencial no Consistorio, aqueles que non estean obrigados a relacionarse electronicamente. Os interesados deben completar o anexo que figura nas bases na web de TurisTalent.
Os proxectos seleccionados para participar nesta aceleradora de turismo desfrutarán de diferentes beneficios: iniciativa 100 % pública e gratuíta, mentoring e formación especializada, asesoramento en financiamento e acceso a investidores, visibilidade institucional e mediática, redes de contacto co ecosistema turístico galego e nacional.
O programa conta con catro fases: Academia (xullo 2025), TurisTalent Day, Aceleración (setembro-decembro 2025) e Investors Day.
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sinalou que “o obxectivo desta iniciativa é impulsar proxectos innovadores no ámbito turístico e enogastronómico, con potencial para atraer inversións e xerar impacto real no noso territorio. TurisTalent 5.0 vai permitir conectar a aqueles que emprenden con profesionais e expertos do sector, facilitando un acompañamento continuo que axude a converter as súas propostas en realidades empresariais viables. Estamos seguros de que esta iniciativa contribuirá a fortalecer a competitividade do sector turístico local, atraer visitantes e dinamizar a economía de Lugo”.
Ademais, subliñou que esta aceleradora “encaixa plenamente na nosa visión de Lugo como unha cidade que aposta polo talento, a innovación e un turismo sostibel e de calidade. Animamos a todas as persoas e pequenas empresas con ideas ou proxectos a que se presenten. Queremos xerar oportunidades reais de emprendemento aproveitando todo o que nos fai únicos, como a nosa gastronomía, o noso patrimonio e o noso entorno natural”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?