Nun momento no que ChatGPT está de máxima actualidade polo lanzamento do seu axente capaz de realizar tarefas complexas na web de xeito autónomo, OpenAI comunicou a Axios datos estatísticos actualizados que resultan impresionantes. Aseguran que actualmente ChatGPT recibe máis de 2.500 millóns de ordes ao día a nivel mundial, das que máis de 330 millóns corresponderían a usuarios estadounidenses. Tamén confirman que a versión de balde de ChatGPT é máis utilizada, superando os 500 millóns de usuarios activos á semana.
Aínda que estes datos estarían moi lonxe dos de Google (que manexa uns 14 mil millóns de consultas ao día), o crecemento de ChatGPT está a manter un ritmo elevadísimo, e cada vez son máis usuarios que fan uso da IA a xeito de buscador, polo que podemos entender que dende Mountain View estean a acelerar as súas integracións de IA para evitar a fuxida masiva de usuarios a plataformas de competidores emerxentes que poderían rematar sendo unha seria ameaza para o seu negocio.
ChatGPT recibe máis de 2.500 millóns de ordes ao día
Compartir Este Artigo
