
A crise dos estudios de videoxogos de Microsoft saldouse cunha importante reestruturación de Xbox, aínda que os despedimentos e a segregación de estudios evitou, cando menos, o peche destes últimos.
O feito de que Compulsion Games e Double Fine Productions pasasen a converterse en estudios independentes conservando as súas propiedades intelectuais, os seus catálogos e certo financiamento para poder seguir operando era unha magnífica nova, pero iso non significa que non se vexan afectados pola crise actual, o que veñen de deixar claro no último comunicado de Double Fine Productions, compañía que anuncia o despedimento de 23 traballadores.
Aseguran que como o equipo pequeno que son, toman este tipo de decisións moi en serio, e tiveron que optar por esta difícil medida para garantir a súa supervivencia. A redución do tamaño do estudio busca principalmente a sustentabilidade da compañía.
Dende Double Fine aproveitan para comprometerse a axudar aos traballadores despedidos o mellor que poidan, e agradécenlles o seu grande traballo e compromiso co espírito creativo deste estudio independente.

