A Comisión Europa declarou onte ilegais as cláusulas de exclusividade territorial que as sociedades de xestión de dereitos de autor asinaban entre si, rematando así con esta práctica monopolítica en Europa, e os autores españois poderán optar por xestionar os seus dereitos con entidades distintas da SGAE (e mesmo de fóra de España), aínda que a principal vantaxe desta medida é que para a explotación musical en Europa non haberá que chegar a acordos con todas e cada unha das entidades de xestión, senón que se poderá facer a través dunha das mesmas, o que facilitará a creación de plataformas europeas (e non fará que o desembarco europeo de tendas de descargas coma iTunes sexa unha labor burocrática que nos manteña a anos de retraso con respecto doutros mercados).
Amais, a Comisións tamén pretende ampliar a duración dos dereitos de autor para intérpretes musicais dos 50 anos actuais a 95 anos.
As entidades de xestión de dereitos de autor europeas perden a súa exclusividade territorial
Compartir Este Artigo
