O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, presentou hoxe en Santiago a posta en marcha dun sistema multimedia de información dos portos deportivos a través do móbil orientada aos usuarios deste tipo de instalacións náuticas.
O sistema responde ao nome de SMIT Portos de Galicia, e para acceder ao mesmo o usuario deberá instalar no seu móbil unha aplicación Java que lle permite o acceso a datos dos portos deportivos, como referencias xeográficas ou rexistros multimedia, estando incluídas polo momento as instalacións de Ribadeo, A Pobra do Caramiñal, Camariñas, Portosín, Ribeira, Sada, Baiona, Cangas, Pontevedra, Portonovo e Sanxenxo (se estenderá ao resto de mariñas dependentes de Portos de Galicia nos vindeiros meses).

Dende Portos de Galicia aseguran que esta sería a primeira iniciativa deste tipo a nivel europeo.
Portos de Galicia publica unha aplicación para achegar información das súas instalacións náuticas ao móbil
Compartir Este Artigo
