Mitnick durante a súa visita a Compostela en 2003Kevin Mitnick, un dos crackers máis coñecidos do mundo por mor da mediatización por parte da prensa norteamericana da súa captura (que deu lugar tanto a un libro como a unha película) e que visitou Galicia hai 5 anos coma experto en seguridade informática anunciou que chegou a un acordo con Little, Brown and Company para escribir un libro no que conte a súa versión dunha controvertida historia que fixo que se lle chegase a considerar «o hacker máis buscado do mundo» baseándose para tal afirmación en múltiples esaxeracións coma que sería capaz de «iniciar unha guerra nuclear asubiando a un teléfono». Do novo libro podemos agardar multitude de historias centradas na especialidade de Mitnick, a enxeñería social, ou sexa, obter información sensible manipulando aos seres humanos, que son considerados coma o elo máis débil da cadea da seguridade informática.