
A ferramenta permite modificar o firmware 2.0 do iPhone para permitir a instalación de aplicacións non autorizadas por Apple (que no caso da primeira xeración do iPhone inclúe a posibilidade de liberar o terminal para utilizalo con tarxetas SIM de calquera operadora de telefonía móbil).
A aplicación só funciona polo momento baixo Mac OS X, pero o ficheiro xerado pola mesma (e do que circulan copias pola Rede) se pode cargar sen problemas directamente dende iTunes en Windows, polo que os vellos iPhone xa comezan a migrar ao firmware 2.0 en todo o mundo (aínda que as aplicacións da versión 1.1.4 aínda non están adaptadas).
Cómpre lembrar que os usuarios co novo iPhone aínda non teñen dispoñible un método baseado en software para a liberación total do terminal (o que nun principio tampouco debería preocuparlles en exceso, xa que a súa compra leva consigo un compromiso de permanencia cunha operadora móbil) pero nas vindeiras semanas non se descarga que saía algunha solución sinxela para facer tal.
Publican a ferramenta de liberación do firmware 2.0 do iPhone
Compartir Este Artigo
