Cando moitos medios están a adaptar os seus contidos na Internet para que poidan ser consultados de balde dende moitos medios, o diario Marca chegou a un acordo con Vodafone para lanzar unha iniciativa bastante curiosa, que se concreta nunha aplicación instalable no móbil que achega a descarga dunha versión reducida do xornal deportivo por 10 céntimos de euro ao día (non cobrándose o tráfico GPRS preciso para tal) e que logo pode consultarse fóra de liña.
A microedición de Marca é un desenvolvemento tecnolóxico de Mobile Dreams Factory, e permite unha lectura doada, con contidos de texto e fotos, que mesmo pode facer uso de publicidade interactiva, que permite ao pulsar sobre a mesma enviar un SMS para solicitar información, realizar unha chamada telefónica ou levar ao usuario á páxina web do anunciante.
Marca estrea microedición móbil
Compartir Este Artigo
