
Na actualidade xa había uns 183 partners de YouTube en España, liderados por Cuatro, RTVE, Antena 3, Vale Music, Libertad Digital TV e Universal Music; e co anuncio de Javier Alonso, responsable de YouTube en España, entendemos que xa se oficializa esta plataforma para a explotación comercial dos vídeos na web mediante publicidade.
Dende YouTube procurarán que os partners acheguen contidos de calidade, buscando que os contidos sexan orixinais e publicados con certa frecuencia (cando menos unha vez á semana). Os usuarios aceptados no programa deberán asinar un contrato en liña e poderán asociar a súa conta en YouTube cunha conta de AdSense para recibir achegas económicas da explotación da publicidade nos seus vídeos.
YouTube procurará innovar, e así non se limitará a amosar banners na súa web, senón que tamén podería incrustar vídeos dentro de vídeos e outros tipos de creatividades que poderían dar moito xogo no futuro.
YouTube compartirá os beneficios publicitarios con creadores españois
Compartir Este Artigo
