As tarxetas gráficas de nVIDIA non só están acusadas un dos principais motivos dos fallos de Windows Vista, senón que parecen estar a dar moitos máis problemas dos desexados, e tanto HP coma Dell tiveron serios problemas con elas, resolvéndose no caso de Dell cunha actualización da BIOS dos equipos conflitivos, mentres que para os ordenadores de HP é preciso remitir os ordenadores ao servizo técnico, onde lles cambiar a tarxeta gráfica.
Os síntomas das gráficas defectuosas son imaxes múltiples, liñas e caracteres aleatorios aparecendo en pantalla ou perda no sinal de vídeo, pertencendo a meirande parte das tarxetas á popular serie 8800, pero estando tamén afectadas algunhas nVIDIA Quadro, NVS, GeForce Go e serie Mobile.
Aínda non se coñece o alcance total destes problemas técnicos, pero se recomenda aos usuarios que desconfíen de ter un equipo afectado que se poñen en contacto co seu fabricante.
Detectan numerosos casos de tarxetas gráficas nVIDIA defectuosas
Compartir Este Artigo
