O novo vídeo musical de Will.I.Am (compoñente dos Black Eyed Peas que nos últimos meses estivo moi de moda por dedicarlle o tema Yes We Can a Barack Obama) está a ser algo polémico polo feito de que pareza un anuncio de RIM, xa que o cantante cede parte do protagonismo do clip ao teléfono BlackBerry Curve, o que dende Gizmodo consideran que é o prezo que hai que pagar polas descargas musicais a través da Internet (que forza aos músicos a buscar beneficios por canles pouco ortodoxas).
One More Chance será así un tema máis lembrado polo seu descarado product placement que polo tema en si, aínda que non hai que esquecer que o uso da música na publicidade é o máis normal do mundo, polo que percorrer o camiño no sentido contrario debería ser algo ao que nos deberiamos afacer.
Videoclip da canción One More Chance de Will.I.Am
Publicidade dun móbil no último videoclip de Will.I.Am
Compartir Este Artigo
