Os acuarios teñen un certo poder relaxante, pero non todo o mundo pode contar con un na casa, pero grazas á Nintendo Wii o pode conseguir virtualmente por só 500 Wii Points, xa que o servizo WiiWare no Xapón (agardemos que pronto tamén en Europa) permite a descarga de My Aquarium, unha aplicación que permite crear un acuario virtual dentro do noso televisor.
A principal vantaxe deste programa con respecto a outras solucións semellantes (coma acuarios en DVD ou coma protectores de pantalla para o ordenador) é que o acuario é totalmente personalizable, de xeito que nos podemos facer cunha acuario virtual a medida, librándonos das labores máis incómodas do mantemento dun acuario real podendo igualmente gozar ao ver aos peixes movéndose.
Trailer de My Aquarium
Os xaponeses xa poden descargar un acuario virtual para Wii
Compartir Este Artigo
