O acceso a Pandora dende o iPhone foi todo un éxitoPandora é un popular servizo de radio vía web que conta cun millón de oíntes ao día, que permite os usuarios crear as súas propias emisoras baseándose nos seus gustos, o que fai que incluso o programa para o iPhone que permite o acceso a Pandora sexa dos máis descargados (cuns 40.000 usuarios novos ao día) pero os cambios no canon por dereitos de autor que teñen que pagar os responsables deste popular servizo parece que o levará á súa desaparición segundo o seu fundador, Tim Westergren, que asegura que «nos estamos achegando a unha decisión tipo pechar a villa». O pasado ano duplicouse o taxa por canción que deben pagar as emisoras de Internet nos EE.UU. (quedando en 0,19 centavos de dólar) o que supón para Pandora un total de 17 millóns de dólares, o que sería o 70% dos ingresos da compañía, o que lles fai perder cartos e podería facer inviables outros modelos de negocio semellantes, resultando totalmente paradoxal que mentres se critica o intercambio musical en redes P2P se exerza unha presión tan forte sobre iniciativas legais que xeran beneficios para os autores. O fundador de Pandora denunciou a situación da súa empresa no Washington PostPandora agardaba entrar en beneficios para o ano que vén, pero o incremento do canon musical dun xeito desproporcionado pode dar totalmente a volta á situación, pois na actualidade as emisoras vía web estarían a pagar máis pola música que as radios tradicionais ou por satélite, que normalmente entregan entre o 6 e o 7% dos seus ingresos (algo moi distinto ao pago por canción).