Anuncio do pack visto en LeipzigMicrosoft presentou en Leipzig un novo pack de accesorios para a Xbox 360 que podería pórse á venda en Europa por só 79 euros, o que parece un prezo moi atractivo xa que inclúe un disco duro de 60 Gb (o modelo de 20 Gb véndese a 99,95 euros), uns auriculares con micrófono (actualmente a 19,95 euros) e 3 meses de subscrición a Xbox LIVE Gold (valorado en 19,95 euros), ou sexa que sumarían un prezo total de 139,85 euros por separado (obviando o feito de que o novo disco duro teña máis capacidade). Polo momento parece que esta oferta chegaría a Alemaña en novembro, entendéndose que se espallará por todo o continente o mesmo mes, o que é unha boa nova para os usuarios que adquirisen o modelo máis básico da consola (a Xbox 360 Arcade) e que queiran tirar proveito das descargas de Xbox LIVE e o xogo en rede.